1. Saír a fume de carozo 2. Non ter unha fala máis alta que outra 3. Escoller como en peras 4. Poñer o carro diante dos bois 5. Asar a manteiga na punta dun guizo 6. Dar coa porta nos fociños 7. Dar couces contra o aguillón 8. Esas son fabas contadas 9. Ser un cu de mal asento 10. Entre o coiro e a carne 11. Botar os fígados 12. Verlle as orellas ao lobo 13. Andar coa mosca tras da orella 14. Dar unha no cravo e outra na ferradura 15. Facerlle a cama a alguén |
1. Saír o máis rápido que se pode. 2. Non alterarse por nada, ser comedido. 3. Elixir o que se queira e como se queira. 4. Facer algo moi á présa, antes do debido ou ao revés 5. Obstinarse con algo imposíbel 6 Despedir de má maneira 7. Tentar facer algo imposíbel 8. Tratarse de algo que escasea moito 9. Non acougar en ningures 10. No máis vivo, no que máis doe 11. Traballar ou esforzarse demasiado 12. Estar desconfiado, temendo algo 13. Ver os perigos, os males de algo 14. Ir mesturando o bo e o mao 15. Preparar todo para que algo saia mal |