VERBO 1
1.-Analizar formas verbais
2.- Analizar abertura
3.- Valor dos tempos
4.- Poñer en presente
5.- Poñer en pasado
6.- Poñer en presente
7.- Transformar con quizais
8.- Cambiar de persoa
9.- Copretérito para pretérito
10.- Futuro para presente
11.- Cambiar para pasado
12.- Poñer en presente
-Descargar aplicación para móbil: aprender a conxugación dos verbos (Romnisches Seminar-Universität Heidelberg-Galizien Zentrun-Gabriel Pérez Durán e Óscar Rivas González)
Verbo 2
1.- Copretérito de indicativo
2.- Antepretérito de indicativo
3.- Pretérito de subxuntivo
4.- FACER, OÍR, DICIR, QUERER
5.- VIR, VER, TER, SER
6.- Formas verbais varias
7.- Futuro de subxuntivo
8.- Participio
9.- Infinitivo persoal I
10.- Infinitivo persoal II
11.- Infinitivo persoal III
12.- Perífrases verbais
TAMÉN SE PODE ACUDIR AO CONXUGADOR EN LIÑA CELENIS
1.-Indicar, nas seguintes formas verbais
a) persoa, tempo, modo
b) lexema e morfemas
-
marcharei
-
temo
-
marchasen
-
cantabas
-
cantariamos
-
produzan
-
comerdes
-
conduciu
-
falaren
-
comestes
-
rexeitara
-
falades
-
bebésedes
-
distribúes
-
pediría
-
amei
-
mida
-
temes
-
partía
-
pido
-
pararades
2.-
Indicar en que casos é aberta e en que casos é pechada a vogal tónica
-
debe
-
comes
-
tememos
-
deber
-
comede
-
podo
-
moveron
-
temes
-
soben
-
moven
-
fede
-
moves
-
compre
-
comese
-
beben
-
teme
-
deben
a) Escoitar o exercicio corrixido:
3.-
Indicar o valor dos tempos verbais nas seguintes frases
AXUDA: teoría
-
Poderiades emprestarme o chisqueiro?![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Faredes o que vos digan.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Cando tiver tempo, irei a Rio de Janeiro.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Nese ano Priciliano é decapitado en Tréveris.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Había unha vez unha ra moi fea que...![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Xa marchaches! Fóra de aquí!![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Podías deixarme o teu dicionario de galego?![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Cando me falou, xa o recoñecera eu.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Para que asubiase, tiven que darlle medio euro.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Terás uns céntimos para min?![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Que a sorte te acompañe, meu vello!![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Hoxe vai unha calor que se asan os lagartos.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
A este paso, cando chegues, xa el marchou.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
O horizonte é infinito.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Serán as dez e cuarto.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
O que eu querería saber é por qué te pos así.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Se tivese un bo veleiro, daba a volta ao mundo.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Saio da oficina ás tres.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
No entroido comen filloas e torradas.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Cando for grande, estudarei para médico.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Aínda que neve, irei aos Ancares.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Onte habería unhas duascentas persoas no teatro.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Este ano cambiaremos de coche.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Pensou que así gañaría máis.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
O que eu quería saber é se che gustaron os doces.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Deixade estar as cousas no seu sitio!![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Este verán vou a Lisboa mellorar o meu portugués.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Daquela ti eras un rapazolo.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Seica sacou moi boas notas. Sacaría...!![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Non me fales berrando así.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Vendeu as patacas recollidas a un euro o quilo.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Recollidas as patacas, vendeunas a un euro o quilo.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
En chegando, pon a cafeteira ao lume.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Sempre gañaba facendo trampas.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Podería deixarme pasar?![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Que teñas sorte!![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Había unha vez un rei que tiña tres fillas.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
No século VIII os árabes invaden a Península.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Cando lle dixeches que ías á praia?![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Se non apuras, cando entres na estación, xa saíu o tren.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
No colexio cómese ás doce.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Despois de pagarmos os impostos á Facenda, teremos uns dous mil euros.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Por que lle contaches que iamos ao cine?![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Quizais che regale algo cando cobre o salario.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
En saíndo, chámao desde a cabina.![](../../imaxes/ima7.jpg)
a) Escoitar o exercicio corrixido:
4.-
Poñer estas frases en presente
-
As túas declaracións non contribuíron a aclarar o crime.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Permanecín todo o ano atento ás evolucións da bolsa.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Este ano distribuín eu os regalos entre os cativos.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Non coñecín os teus amigos alemáns.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Reproducín algúns cadros dese pintor tan nomeado.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Moito temestes a miña reacción.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Esta semana concluíron as obras do garaxe.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Conducín con moito tino por mor da neve.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Todas as noites metestes as ovellas na corte.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Os paxaros coméronme case todo o millo da veiga.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Ese lobo non trabou a ninguén.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Segundo as premisas, deduciu a conclusión.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Cando o collín coa man, escaldoume.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Colliches o coitelo e cortaches o touciño.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Posuíron as mellores motos do barrio.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Amontoei os libros sen os colocar.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Cambiaron o armario de cuarto.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Afiaron as fouces antes de comezaren a seitura.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Obedecín todas as túas ordes.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Non os destituíron polos nosos asuntos.![](../../imaxes/ima7.jpg)
a) Escoitar o exercicio corrixido:
5.-
Poñer en pasado as seguintes frases
-
Iso produce uns efectos nefastos.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Seica comes demasiado caldo.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Andas un pouco acatarrado estes días.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Estes coches non reducen ben nas baixadas.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Andades algo desviados, fóra do asunto.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Introducimos unha nova variante?![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Canto me río cos teus contos!![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Xamais leo os libros que escribes.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Perdoa, mais non che creo esas historias.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Sempre pedides cousas imposíbeis.![](../../imaxes/ima7.jpg)
a) Escoitar o exercicio corrixido:
6.- Poñer as frases seguintes en presente
-
A avoa sentiu moito as túas desgrazas.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
A literatura galega rexurdiu no século XIX.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Eses pillabáns mentíronche descaradamente.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Buliches moito facendo os exercicios.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Feriron as perdices, mais non as colleron.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Axiña subiches as escadas ata o 3º andar.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Os cans fuxiron co rabo entre as pernas.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Agora servíchesme con moito agarimo.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Acudiron alí como as moscas ao mel.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Advertíronme das dificultades do proxecto.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Durmín moi a gusto escoitando caer a choiva.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Xa sei que tusiches para demostrar o teu desgusto.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Seguiches a cantar as mesmas cantigas.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Encubriron moi ben os feitos.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Mediu mal as distancias.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Os veciños non consentiron tales cousas.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
A Amantia luciu un precioso pano bordado.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Nada conseguiron con eses argumentos.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Moito lle fundiu no traballo.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Perseguiches os mesmos obxectivos ca min.![](../../imaxes/ima7.jpg)
a) Escoitar o exercicio corrixido:
7.-Transformar as frases encabezándoas polo adverbio quizaisor exemplo, mar
-
Concluirei os traballos preparatorios.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Convencerémolos de contado.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Traduciremos algúns textos do italiano.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Nomearemos os máis capacitados para este posto.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Con tanto ruído na rúa tolearedes.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Amontoarán todo, coma sempre, no cuarto.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Roerá todo o queixo.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Moeredes o millo xa co novo muíño.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
No xantar de mañá riremos coas túas historias.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Eles crerán todas as túas afirmacións.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Sairán antes os vermellos.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Cambiarei viño por aceite na Feira Franca de Pontevedra.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Afiarei o coitelo para sangrar os porcos na matanza.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Substituirannos por outras mellores.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Diluiremos todos os compostos.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Durmirei como un rei esta noite.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Servirémosvos con todo o luxo posíbel.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Caberá todo o viño dentro da pipa.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Dirás unhas palabras de recibimento.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Afarédesvos moi ben nesa vila tan agradábel.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Mañá traerei o libro das normas de circulación.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Teremos moito traballo atrasado polas vacacións.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Serás a actriz máis coñecida de Galiza.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Porei os grelos a ferver polas doce.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Virán todos os compañeiros á festa.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Alí poderá facer o que lle pete.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Entón valerán moito máis do que hoxe.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Non saberei o que facer contigo nun lugar descoñecido.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
A Noite Vella veremos a televisión ata as catro da mañá.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Extraeredes algunhas conclusións do noso traballo.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Queremos todos o mesmo asento no autobús.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Haberá frautas para todos os gustos.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
O resultado equivalerá á suma do gastado.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Penso que os deterán na alfándega.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Á tarde oiremos os resultados pola radio.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Iremos a Cuba este Nadal.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Farei todo o que ti esqueciches.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Estarante agardando na porta de Balaídos.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Darame unha boa nota neste exame.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Ao vérennos fuxirán a toda a présa.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Mentirá un pouco, segundo o seu costume.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Non caberemos todos en Pasarón.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Saberán polo xornal todo o que aconteceu co Deportivo.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Non che quererá ninguén ese produto.![](../../imaxes/ima7.jpg)
a) Escoitar o exercicio corrixido:
8.-
Cambiar as frases para a persoa indicada
-
Non damos rematado a tarefa a tempo. (el...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Facemos demasiadas cousas a un tempo. (ti...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Non cabemos dentro dos seus esquemas organizativos. (eu...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Sempre facedes as mesmas falcatruadas. (el...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Estamos cansos de te aturar, meu vello! (eu...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Dicimos sempre o que pensamos. (el...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Non somos quen de resistirmos os seus ataques. (ti...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Non sabes qué facer con tantos cartos. (eu...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Sodes do máis esperto. (eu...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Non valen para afrontaren estas responsabilidades. (eu...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Valedes máis do que pensades. (el...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Traemos os repostos para a máquina. (eu...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Con estes anteollos vemos de marabilla. (eu...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Traedes todo o pedido? (ti...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Imos ver como anda o tempo. (el...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Viñemos con este novo grupo pop. (eu...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Vimos un espectáculo de maxia singular. (eu...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Destes moito que falar aquel verán. (eu...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Demos en chorar como nunca se vira. (el...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Viñeron con moita présa. (el...)![](../../imaxes/ima7.jpg)
a) Escoitar o exercicio corrixido:
9.-
Cambiar os copretéritos para pretéritos
-
Eu non podía con aquel saco de cemento.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Cando ela quería, puña unha cara de defunto estarrecedora.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Daquela nunca diciades unha verdade.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Segundo ti, eu era o que mellores notas levaba.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Como non lle cabía todo na botella, bebeu o sobrante.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Como non podiades conseguilo, non vos interesaba.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Como iamos de vagar, non nos molestaba a xeada.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Cando a situación se recompuña, houbo unha nova crise mundial.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Cando me contradicían, saltábanme os nervios.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Non sabía eu o que pasaría de alí en diante.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Ías ao traballo cando te avisei da folga.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Mentres traïamos os tixolos, eles ían facendo a masa.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Viña eu tan despistado, que batín de fociños cun semáforo.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
En 1963 Alba tiña unha casiña na Lanzada.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Como non conviñamos nada, disolveuse a xuntanza.![](../../imaxes/ima7.jpg)
a) Escoitar o exercicio corrixido:
10.- Cambiar os futuros para presente de indicativo
-
Logo virei polos resultados.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Non caberá todo dentro da caixa.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Xa dará o Paio o sinal acordado.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Dirano todo, sen ocultaren nada.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Farás unha ponte para acurtar o camiño.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Estes farán sempre as cousas ao revés.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Non terei máis remedio que esquecelo.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Saberán moito, mais non o demostran.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Irei en avión que é moito máis rápido.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Proporemos que renuncie a directiva actual.![](../../imaxes/ima7.jpg)
a) Escoitar o exercicio corrixido:
11.- Cambiar para pasado as seguintes frases (pondo atención na concordancia)
-
Pídolle que feche os ollos e abra a boca.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Di que estivo onte contigo.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Afirman que se portou mal.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Cando o vexo, preséntolle os meus saúdos.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Teño medo de que non apareza por aquí.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Pensa que sacou uns bos rendementos.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
É tan iluso que cre que pintou un excelente cadro.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Esta mañá non parece que o queira coma sempre.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Achégase a el para avisar que o taxi chegou.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Comunican que fuches premiada.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Coñezo poucos escritores que escriban tan ben coma ela.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Asegura que te viu onte no río.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Non che creo nada do que dis.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Nunca penso que sexas ti.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Aínda que ande rápido, non chegará a tempo.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Exhorta os soldados para que continúen a loita.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Non espera a que chegues.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Di que te levou onte no coche.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Vén para dicir que xa comezou o filme.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Coida que aprobou o exame de conducir.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Pídoche por favor que veñas aquí.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Como se alegra de que lle veñan os pais de Venezuela!![](../../imaxes/ima7.jpg)
a) Escoitar o exercicio corrixido:
12.-
Poñer o verbo que vai entre parénteses en presente de indicativo
-
O que nós (DICIR)... vai á misa.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
(ESTAR)... agardando a que me poñas a inxección e comezo a cansarme.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Xa que non (FACER)... falta aquí, voume.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Cando ti me (VIR)... ver, algo raro acontece.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Como (VER)..., xa cho teño todo en orde.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
(IR)... todo recto e despois colledes á esquerda.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Eu (PÓR)... do bolso a metade do orzamento da sociedade.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Cando el (PÓR)... cara de ferreiro, hai que liscar.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Se ti (PÓR)... outro tanto, acepto.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Iso non (SER)... conveniente para vostede.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
(TER)... que decidirte dunha vez.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Martiño (TER)... un xenio condenado.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Nós (TER)... os mellores exemplares porcinos da zona.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Sempre (SER)... os mesmos os que trepades a herba do xardín.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Eles (TER)...moito que contar das súas viaxes.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Pero non (VER)... que vos estades a pasar co rapaz?![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Os pais sempre (VER)... as cousas desde outra perspectiva.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Cando (VIR)... o teu curmán que está en Irlanda?![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Vós (VIR)... algo cedo de máis.![](../../imaxes/ima7.jpg)
-
Non (FACER)... falta que te poñas tan serio.![](../../imaxes/ima7.jpg)
a) Escoitar o exercicio corrixido:
b) Corrección de todo o exercicio 12