Ballesteros
Foto: Anxo Rei Ballesteros, homenaxe de ogalego.eu
ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados

Xunta de Galicia
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Probas de graduado en educación secundaria
Setembro de 2012


Histórico de probas desde 2011 en ogalego.eu


1. Proba de lingua galega
1.1 Formato da proba
Formato
-A proba consta de 20 cuestións tipo test e unha redacción.
-As cuestións teñen catro posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
- Un punto por cuestión correctamente contestada.
- Cada resposta incorrecta resta 0,25 puntos.
- As respostas en branco non descontan puntuación.
Duración
- Este exercicio terá unha duración máxima de 45 minutos.


Anotar o número de respostas correctas, erradas ou sen responder para calcularr a puntuación (de 0 a 20)

Para comprobar as respostas (Correcto?) debe estar activado no navegador JavaScript (ordenador, móbil, tableta...)


Texto 1

De cativo, cando espertaba asustado, con pesadelos que invadían a miña noite, debíase a que soñaba con personaxes estraños e, vistos desde hoxe, tamén queridos. Os medos do meu inconsciente procedían do baúl clásico da tradición oral: as bruxas (sobre todo aquelas das que se dicía que mexaban no leite dos veciños), o home do saco (aquel temible ser co que a miña avoa me ameazaba acotío); o lobicán (especialmente un que seica vivía ao pé do pozo ao que non querían que eu asomase).
Logo, a medida que a miña infancia se foi facendo urbana, os meus medos mudaron para adoptaren ese rostro do individuo descoñecido, sobre o que tanto me advertiron, que che pode botar a man ao pescozo desde un portal escuro nunha rúa pouco transitada; ou para enchérense de pingas dese temor amargo a que túa nai non retorne un día á casa vítima dun atropelo na rúa.
Logo chegou a adolescencia, onde toda a vida é un medo, pura vertixe, reto e exploración ignota: é cando semella que o chan treme baixo os teus pés e, coma nun barco, tes que botar man de algo ao que agarrarte.
Pero tamén a adolescencia pasa, e chega a idade adulta e, no meu caso, os medos, na súa maioría, disipáronse ou permaneceron ao ralentí murmurándome ao oído con voz razoable. E, agás o meu arraigado pánico ao dentista, os temores comportáronse comigo civilizadamente.

Fran Alonso,“Pesadelos”, A Nosa Terra dixital.

Preguntas sobre o texto anterior:

1. Cal é o tema do texto 1?
A A maduración como posibilidade de superar os medos. Correcto?

B A precaución como forma de actuar ante os medos. Correcto?

C A necesidade do medo para manter o control dos nenos. Correcto?

2. No texto 1, os medos:
A Refírense sempre ao mundo da fantasía. Correcto?

B Desde a fantasía, van achegándose á realidade. Correcto?

C Refírense sempre á realidade inmediata. Correcto?

3. O conxunto formado polos termos cativo, adolescente e adulto é:
A Un campo semántico. Correcto?

B Unha serie de sinónimos. Correcto?

C Unha familia léxica. Correcto?

4. A palabra seica (liña 4) no texto 1 significa:
A Abertamente. Correcto?

B Talvez. Correcto?

C Malia. Correcto?

5. Indique o significado da palabra acotío (liña 4).
A Frecuentemente, continuamente. Correcto?

B Ocasionalmente, circunstancialmente. Correcto?

C Desordenadamente, imprevisiblemente. Correcto?

6. Adoptaren (liña 5) é:
A Presente de subxuntivo. Correcto?

B Infinitivo conxugado. Correcto?

C Condicional. Correcto?

7. Segundo a súa forma, que tipo de palabra é lobicán (liña 4)?
A Composta. Correcto?

B Simple. Correcto?

C Derivada.Correcto?

8. Os temos estraños, oral e pura, que tipo de palabras son?
A Adverbios. Correcto?

B Substantivos. Correcto?

C Adxectivos. Correcto?

9. Indique cal das tres opcións é correcta:
A A vertixe, o montaxe, o garaxe. Correcto?

B A vertixe, a auxe, a mensaxe. Correcto?

C A vertixe, a aldraxe, o paxe. Correcto?

10. Inconsciente, oral e enchérense son, respectivamente, palabras:
A Aguda, esdrúxula e sobreesdrúxula. Correcto?

B Grave, aguda e esdrúxula. Correcto?

C Aguda, grave e sobreesdrúxula . Correcto?

Texto 2

Teño trinta e cinco anos e dúas endodoncias. Teño un número de afiliación á Seguridade Social e vinte díxitos na conta da caixa de aforros. Teño memoria, escasa, e unhas cantas sensacións repetidas. Conservo o escaléxtric da infancia e as medias da selección española de fútbol do oitenta e dous. Teño un coche de pneumáticos desgastados que me leva á casa da aldea. Gárdoche rancor porque perdiches o meu vinilo preferido e cóidolle do can mentres vai na praia. Teño moitos aniversarios que felicitar e réstanme unhas cantas vodas amigas ás que acudir. Preciso cambiar o cepillo de dentes e meter o peixe fresco no frigorífico. Teño que mercar aguacates ben maduros. Teño que tirar o lixo e renovar o DNI. Teño dor de costas, alopecia, colecciono pósteres dos Rolling. Teño facturas por pagar.
Fun mercando, alugando, observando, escoitando, ateigando, camiñando mundos que, á fin, non nos han servir na marcha última porque nos han cobrar recargo por sobrepeso no aeroporto cara ao ceo. Pero, aínda así, esmérome cada día en preservar e coleccionar obxectos, papeis numerados, pactos traizoados, crenzas, quereres e un soño. Teño vulto para tan pouca vida. Non me chega o tempo de lecer. Non me chega o tempo, tan atarefado que ando en carrexar para a casa propia caralladas, coma formiguiña previsora. E tanto premeditar faime desesperar, pois apenas me queda tempo para coñecer os cinco continentes, o da Coruña, o de Madrid... e uns cantos centros comerciais. Teño que facer a pedicura, teño unha casete
do Fary, teño medo... teño pavor. Teño unha boneca vestida de azul, unhas plantas que transplantar, unha chea de panos de cociña da feira de Valença. Teño augardente e terróns de azucre. Debo de ir á manifestación. Teño que ir.
Teño de todo. Menos a ti. Teño o consolo de que noutra reencarnación te hei ter, porque desta vez, na cinta do aeroporto cara ao ceo, non me van deixar levarte, por sobrepeso.

Iolanda Zúñiga, Vidas pos-it, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2007.

Cuestións sobre o segundo texto:

11. O texto 2 é un relato irónico; cal é o seu tema?
A As cargas superficiais da vida e a ausencia do esencial: o amor. Correcto?

B As pertenzas do protagonista entre as que se encontra o amor. Correcto?

C As manías e os desexos na vida e a necesidade de coleccionar. Correcto?

12. Este é un texto narrativo. Quen é o seu narrador?
A Un narrador en terceira persoa. Correcto?

B O protagonista, que fala en primeira persoa. Correcto?

C Alguén que fala en segunda persoa. Correcto?

13. Do texto 2 dedúcese que o protagonista se encontra:
A Apresurado. Correcto?

B Ilusionado. Correcto?

C Desacougado. Correcto?

14. Ateigando (en vermello no texto) correspóndese con:
A Apresurando. Correcto?

B Abafando.Correcto?

C Enchendo. Correcto?

15. Que significa no texto 2 a expresión cara ao ceo (en vermello no texto)?
A De costas ao ceo. Correcto?

B En dirección ao ceo. Correcto?

C Por baixo do ceo. Correcto?

16. A palabra aeroporto (en vermello no texto) é, en canto á súa forma:
A Simple. Correcto?
B Derivada. Correcto?
C Composta. Correcto?

17. De que tipo son os pronomes persoais che, lle, me (en azul no texto)?
A Pronomes átonos de obxecto directo e indirecto. Correcto?

B Pronomes tónicos de suxeito. Correcto?

C Pronomes tónicos de compañía. Correcto?

18. Teño que facer (en vermello no texto), morfoloxicamente, é:
A Unha perífrase verbal. Correcto?

B Un tempo composto. Correcto?

C Un complexo verbal. Correcto?

19. A contracción á (en azul no texto) está formada por:
A O artigo determinado a e a conxunción a. Correcto?

B A preposición a e o artigo determinado a. Correcto?

C A conxunción a e o artigo determinado a. Correcto?

20. Cal é a serie correcta?
A Voda, avoa, barrer, abogado e vasoira. Correcto?

B Voda, aboa, varrer, avogado e basoira. Correcto?

C Voda, avoa, varrer, avogado e vasoira. Correcto?


O exame incluíu un exercicio de redacción en lingua galega (10 puntos). O tema foi indicado no momento do exame.


ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com