Indice de Exercicios
Afonso Eiré
 
Foto: Afonso Eiré, escritor galego e amigo de ogalego.eu (foto bvg)

Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel (catedráticos xubilados de galego) -ogalego.eu // ogalego.gal-

Web da Xunta de Galicia

Textos das Probas de graduado en educación secundaria

Xunta de Galicia
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Setembro de 2011


Histórico de probas desde 2011 en ogalego.eu


1. Proba de lingua galega
1.1 Formato da proba

Formato
 A proba constará de 20 cuestións tipo test.
 As cuestións teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
 Un punto por cuestión tipo test correctamente contestada.
 Cada resposta tipo test incorrecta restará 0,25 puntos.
 As respostas en branco non descontarán puntuación.
Duración
 Este exercicio terá unha duración máxima de 45 minutos.



Para facer aquí o exame anotar o número de respostas correctas, erradas ou sen responder para calcular logo a puntuación (de 0 a 20)

Para comprobar as respostas debe estar activado no navegador JavaScript (ordenador, móbil, tableta...)


Texto 1

De vez en cando aparecen no correo electrónico mensaxes de orixe descoñecida. Algunhas veces son peticións de solidariedade e outras, chistes ou historias; ata nunha ocasión me chegou un artigo meu, publicado anos atrás en La Voz de Galicia, que reproducía, adornada, unha contaralla que tamén me chegara vía Internet.
O correo que recibín asegura que o que conta é unha historia "totalmente verídica" que ocorreu nun avión de British Airways durante o transcurso do voo entre Johanesburgo e Londres. Di así:
"Unha muller branca duns cincuenta anos vai sentada ao lado dun home negro. Chama á azafata e dille que quere cambiar de praza.
-Cal é o problema?- pregunta a azafata.
-Non o ve?- di a señora con xesto de impaciencia e de infinito desprezo.
Ante o desconcerto da azafata, a muller ergue a voz:
-Esixo que me cambien inmediatamente a outro asento.
-Por favor, cálmese – di a azafata, intentando evitar un escándalo.- Todas as prazas de clase turista están ocupadas. Pero vou ver se é posible pasala á clase executiva, ou a primeira.
Marcha a azafata e volve aos poucos minutos.
-Señora, só temos praza na primeira clase. É totalmente inusitado que a compañía conceda un asento de primeira a un pasaxeiro da clase económica, pero, dadas as circunstancias, o comandante considera que sería moi inxusto que alguén se vexa obrigado a sentarse ao lado dunha persoa tan desagradable.
Despois, a azafata dirixiuse ao home negro e díxolle:
-Se o señor me fixera o favor de tomar a súa equipaxe, o asento de primeira clase xa está preparado.
Todos os pasaxeiros do arredor, que foran testemuñas da escena, erguéronse e aplaudiron." (…)

Marina Mayoral. La Voz de Galicia. (Adaptación)

Preguntas sobre o texto anterior:

1. Como cualificaría a actitude dos demais pasaxeiros, testemuñas da escena?
A Racista. Correcto?

B Indiferente ante o problema do racismo. Correcto?

C Antirracista. Correcto?

2. Que a historia sexa totalmente verídica quere dicir que é:
A Inverosímil, falsa. Correcto?

B Veraz, verdadeira. Correcto?

C Fantástica, imaxinaria. Correcto?

3. Este conto chega a Marina Mayoral vía:
A Xornal: La Voz de Galicia. Correcto?

B Correo tradicional: carta urxente. Correcto?

C Internet: correo electrónico. Correcto?

4. Elixa un sinónimo da palabra inmediatamente (en vermello no texto).
A Decontado. Correcto?

B Paseniño. Correcto?

C Entón. Correcto?

5. O texto é:
A Dialogado e descritivo. Correcto?

B Narrativo e descritivo. Correcto?

C Dialogado e narrativo. Correcto?

6. As palabras do texto descoñecida, impaciencia e desagradable están relacionadas entre si porque:
A Pertencen á mesma familia léxica. Correcto?

B Teñen prefixo. Correcto?

C Son compostas. Correcto?

7. Repare na palabra equipaxe (en vermello no texto) e elixa a opción correcta.
A Garaxe, traxe e paxe son palabras femininas. Correcto?

B Son maioritariamente masculinas as palabras rematadas en –axe. Correcto?

C Son maioritariamente femininas as palabras rematadas en –axe. Correcto?

8. A expresión ao lado de (en vermello no texto) é:
A Unha locución preposicional. Correcto?

B Unha preposición. Correcto?

C Un adverbio de tempo. Correcto?

9. Elixa a opción correcta ortograficamente.
A Coñecia a vila de Muxía e as suas praias. Correcto?

B Coñecía a vila de Muxía e súas praias. Correcto?

C Coñecía a vila de Muxía e as súas praias. Correcto?

10. Dentro deste texto, o conto propiamente dito e outras expresións como "totalmente verídica" (en vermello no texto) están escritas entre comiñas para:
A Destacar a información. Correcto?

B Indicar que constitúen unha cita textual. Correcto?

C Marcar a intervención nun diálogo. Correcto?

Texto 2

Colacao

Boeno, disque eran mal levados. El disque lle daba malleiras, e claro... Non. Arrear, arreáballe, que dunha vez disque a mandou ó
hospital. E o conto é que ela fartouse. Pois non sei, el antes vendía o cupón, non sabes, pero dáballe ó alpiste. Aí a iso das oito da tarde xa che estaba peneque. E ademais era faltón, que non penses ti que porque era cego... collía de bastón e veña a astonazos. Ai, tamén lle teñen arreado a el, tenas levado boas, que a min dáme reparo sacudirlle a un cego, pero tamén se se pon chulo... Porque un tipo deses arréache un bastonazo, e que? Ai si, ti falas moito pero queríate eu ver no sitio, non penses que era unha calcomanía, que era un tiparraco... Mira, coma aquel da gabardina azul, pero máis ancho. Si, o do periódico. Pero máis ancho. Érache unha mula de carallo. Botábache unha man e adiós muy buenas. Pois o tipo era mal levado con todo quisque. Estaba pelexado cos veciños, ós fillos arreáballe cada chaquetilla de medo, e á muller, xa ti ves... Pois o jicho tiña un can deses equenos,
un marilín deses, e disque lle quería coma se fora un fillo. Boeno, tes razón ti, coma un fillo non, quereríalle algo mellor. Pois o
choio é que para o can, todo veña aloumiños, a mellor comida, e á familia, hostias. E o caso foi ese, que a muller fartouse e, hala.
Pois si señor. Así mesmiño. O tipo chega pola mañá, senta na mesa a almorzar, vai a muller, ponlle diante, coma sempre, unha
cunca con colacao, así como temos nós aquí estes vasos, e vai o tipo, bota man da cunca, bebe... Tan tranquilo, oes, pero logo, vai, empeza a retorcerse e, pamba, espichouna. A pataqueira. E vai ela e mandou o can detrás, meteulle o mesmo na comida. Se
cadra, o animaliño ladroulle por facerlle mal ó amo ou así. Os animais teñen moito entendemento, téñenche moito instinto. O caso é que ela preparouno tamén. Non, caer, hanlle caer uns anos. O malo é dos rapaces.

Suso de Toro. Polaroid.

Continuación, preguntas sobre o texto anterior:

11. Escolla un título para o texto.
A Maltrato e submisión. Correcto?

B Maltrato e vinganza. Correcto?

C Maltrato e suicidio. Correcto?

12. A expresión érache unha mula do carallo (en vermello no texto) refírese a un home:
A Apoucado, medorento. Correcto?

B Débil, fráxil. Correcto?

C Forte, robusto. Correcto?

13. No enunciado aí a iso das oito da tarde xa che estaba peneque (en vermello no texto), a construción a iso das ten un valor:
A Aproximativo na expresión do espazo. Correcto?

B Adverbial, equivalente a “nese preciso momento”. Correcto?

C Aproximativo na expresión do tempo. Correcto?

14. Elixa un sinónimo da palabra disque (en vermello no texto).
A Seica. Correcto?

B Tampouco. Correcto?

C Certamente. Correcto?

15. En que período encadraría a obra de Suso de Toro?
A Literatura actual. Correcto?

B Literatura de posguerra. Correcto?

C Rexurdimento. Correcto?

16. A palabra animal é un _________ de can.
A Hiperónimo. Correcto?

B Hipónimo. Correcto?

C Antónimo. Correcto?

17. No enunciado el antes vendía o cupón, o cupón é
A Complemento circunstancial. Correcto?

B Complemento directo. Correcto?

C Complemento indirecto. Correcto?

18. A construción empeza a retorcerse é:
A Unha perífrase verbal que indica comezo da acción. Correcto?

B Unha locución adverbial. Correcto?

C Dous verbos en infinitivo. Correcto?

19. Escolla a serie de palabras correctamente escritas:
A Destrución, baralla, diferenza. Correcto?

B Destrución, baraxa, diferenza. Correcto?

C Destrucción, baralla, diferencia. Correcto?

20. As palabras arreáballe, téñenche e érache levan til porque son:
A Agudas rematadas en vogal. Correcto?

B Esdrúxulas. Correcto?

C Graves rematadas en vogal. Correcto?


O exame inclúe un exercicio de redacción en lingua galega
, o tema indicouse no momento do exame


ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com