Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
2016 opción azul (a opción amarelo é o mesmo coa orde das preguntas cambiadas)


LINGUA GALEGA

1. Formato da proba
Formato
* A proba consta de vinte cuestións tipo test.
* As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
* Puntuación: 0.50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
* Por cada cuestión tipo test incorrecta restarase 0.125 puntos.
* Polas respostas en branco non se descontará puntuación.
Duración
* Este exercicio terá unha duración máxima de: 60 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador


Texto 1

Colombia encontrou o que resta do galeón español San José, que se afundiu na costa de Cartaxena das Indias en 1708 e terá levado consigo, sospeitan os investigadores, un dos maiores tesouros perdidos no mar, avaliado entre os 2.700 e os 15.500 millóns de euros. O anuncio foi feito polo presidente colombiano, Juan Manuel Santos. O navío foi atacado polo Expedition, pertencente á armada británica, liderada polo almirante Charles Wager, e tras unha explosión afundiuse co seu cargamento cerca da península de Barú (actual mar de Colombia). O galeón medía case 39 metros de longo, tiña 64 canóns, pesaba 1.037 toneladas e dos seus 600 tripulantes só 11 sobreviviron. Especúlase con que o navío teña levado ao fondo consigo moedas e lingotes de ouro, prata peruana e pedras preciosas, nomeadamente esmeraldas, de acordo co historiador Roberto Segovia. Cerca de 100 obxectos, entre 10 potes de cerámica e frascos de vidro foron sacados á superficie. Os restos esperan a entrada en escena dos arqueólogos subacuáticos e serán o acervo dun gran museo do galeón, semellante aos dos escandinavos, prometido polo presidente.
O achado aconteceu na madrugada do 27 de novembro de 2015, no Mar do Caribe, segundo o xornal colombiano Heraldo. O sonar do navío Malpelo da mariña colombiana detectou unha anomalía no fondo do mar, que revelou unha embarcación que resultou ser o San José, identificado grazas aos golfiños gravados nos canóns de bronce. Eran unha marca da coroa española, segundo explicou na conferencia de prensa o investigador Ernesto Montenegro, director do Instituto Colombiano de Antropoloxía e Historia (ICANH). Foi el quen liderou a expedición, xunto coa mariña colombiana e unha empresa privada. Entre os expertos colaboradores na operación está un técnico que participou nos traballos do Titanic e que se encontra en Malasia a traballar nos restos do avión do voo MH370 da Malaysia Airlines.
Mais a posesión dos seus tesouros, temporalmente escondidos, estivo no centro dunha disputa entre o goberno colombiano e unha empresa norteamericana, a Sea Search Armada (SSA). Na década dos anos 80, a SSA pediu a Bogotá iniciar a busca do galeón naufragado, alegando ter conseguido atopar o lugar do naufraxio. Pero tiña unha condición: recibir a metade do tesouro. Porén, o presidente colombiano Belisario Betancur decretou que só recoñecía á empresa o 5% dos bens que fosen encontrados. A SSA recorreu á xustiza e o caso foi tratado en diferentes tribunais. En 2007, o Tribunal Supremo colombiano decidiu que a totalidade dos bens relacionados co patrimonio cultural da Colombia pertence ao Estado. En 2011, un tribunal norteamericano decidiu que o navío era propiedade do Estado colombiano. "Este patrimonio é de todos os colombianos e constitúe un dos grandes achados e identificacións de patrimonio somerxido da historia da humanidade", dixo, sen dubidar, o presidente da Colombia, Juan Manuel Santos, en conferencia de prensa, na base naval da cidade de Cartaxena das Indias, lugar escollido para anunciar ao mundo a descuberta.

(Fonte)

1. A propiedade dos tesouros do galeón:
A Foi obxecto dun litixio entre o goberno colombiano e a empresa norteamericana Sea Search Armada. Correcto?

B Determinouse por un sinal da monarquía hispánica, consistente nuns golfiños gravados nos canóns. Correcto?

C Pertence aos arqueólogos, que construirán un gran museo semellante aos dos países nórdicos. Correcto?

2. Segundo o texto, cal é a serie de afirmacións correcta?
A Un xornal colombiano foi quen especulou con que o galeón transportaba esmeraldas, moedas, lingotes de ouro, prata peruana e pedras preciosas. Correcto?

B Un experto que descubriu os restos do avión da Malaysia Airlines e mais do transatlántico Titanic foi quen atopou o galeón naufragado. Correcto?

C Un presidente de Colombia foi quen anunciou o achado dos restos do galeón e quen proclamou que é un patrimonio de todos os colombianos. Correcto?

3. No texto, a palabra anomalía [en vermello] significa:
A Depresión alongada e moi profunda do fondo do mar. Correcto?

B Falta de conformidade co que é a norma. Correcto?

C Baixo cuberto de rochas ou masas calcarias de organismos mariños. Correcto?

4. No texto, a palabra acervo [en vermello] significa:
A Conxunto de bens materiais ou espirituais que pertencen a unha colectividade ou a varias persoas. Correcto?

B Barco de vela grande con tres ou catro paus, particularmente o navío que realizaba o comercio entre España e América. Correcto?

C Edificio onde se gardan e se expoñen coleccións de obxectos que presentan un interese histórico, artístico ou técnico. Correcto?

5. Segundo o texto, cal é a serie de afirmacións correcta?
A O presidente colombiano Belisario Betancur cedeu á empresa SSA a posesión dos bens rescatados do mar. Correcto?

B O historiador Roberto Segovia descubriu que no navío había potes de cerámica e frascos de vidro. Correcto?

C O galeón foi afundido por un barco de guerra británico durante unha batalla que tivo lugar no mar de Colombia. Correcto?

6. Cal é a serie de palabras correctamente acentuada?
A Recibíraa, fóisenos, tómao, fixéronllelo, recitárana. Correcto?

B Parkinson, smoking, accesit, deficit, superavit. Correcto?

C Férvellasverzas, víchelocrego, fríamente, tétraplexia. Correcto?

7. Cal é a serie de palabras que contén formas do grao comparativo?
A Listísimo, antiquísimo, nobilísimo, sacratísimo, xeneralísimo. Correcto?

B Acérrimo, misérrimo, celebérrimo, paupérrimo, libérrimo. Correcto?

C Mellor, peor, maior, menor, superior, inferior. Correcto?

8. Cal é a serie de palabras correcta ?
A Areífero, xeneralizado, lunático, desordeado, intravenoso. Correcto?

B Arenífero, xeneralizado, lunático, desordenado, intravenoso. Correcto?

C Areífero, xeralizado, luático, desordeado, intraveoso. Correcto?

9. Cal é o par de palabras homófonas correctamente definido?
A Bascular (‘relativo aos vasos orgánicos’) – Vascular (‘descargar un recipiente’). Correcto?

B Abalar (‘mover, axitar, oscilar’) – Avalar (‘afianzar, afiuzar, fiar’). Correcto?

C Rebelar (‘descubrir, desvelar, confiar’) – Revelar (‘alzar, insurxir, sublevar’). Correcto?

10. Na oración o alumnado chegou encantado da excursión, a palabra subliñada funciona como:
A Predicativo. Correcto?
B Suplemento. Correcto?
C Atributo. Correcto?

Texto 2
As ondas gravitacionais

Juan Calderón Bustillo (Silleda, 1988) é o único investigador galego que participou no experimento LIGO que permitiu a primeira detección directa de ondas gravitacionais, un dos principais achados científicos dos últimos anos e que promete revolucionar a cosmoloxía. Fíxoo dentro do equipo de Relatividade e Gravitación das Illas Baleares, único equipo español no proxecto, onde concluíu o doutoramento tras graduarse na Universidade de Santiago e formarse 5 no Instituto Tecnolóxico de California (Caltech), a Universidade de Cardiff e o Instituto Max Planck de Física Gravitacional de Alemaña. Gañador hai dous anos do LIGO Student Poster Prize, en dúas semanas irase aos Estados Unidos para realizar o posdoutoramento no Instituto Tecnolóxico de Xeorxia. Con 27 anos, a súa carreira está ligada á detección das ondulacións no tecido espazo-tempo.
—Cal foi o seu papel no achado das ondas gravitacionais?
—O noso sistema de detección parécese moito á aplicación Shazam dos móbiles: compara o sinal que chega cunha base de datos de cancións para determinar a cal se parece máis. As nosas cancións son os sinais de ondas gravitacionais e o noso papel centrouse en realizar modelos precisos das mesmas, para así poder comparalas cos datos do detector e determinar se están presentes neles ou non. Eu investiguei que pasa cando os nosos modelos non son completamente precisos.
—As ondas gravitacionais achegan un novo sentido á exploración do espazo. Que significa o feito de que agora poderemos, tal e como se di, escoitar o Universo?
—Significa que desde que o ser humano mira o Universo a única información que recibiu é a través das distintas formas de radiación electromagnética. Ata agora só vimos o Universo, pero Einstein dixo hai cen anos que existe outro tipo de radiación, a gravitacional, que é a que agora nos permitirá deixar de sermos xordos ao son do Universo e podermos observar obxectos que antes non se podían ver porque non emitían luz. Ata agora víamos, pero detectamos un tipo de sinal completamente distinto que nos permitirá oír.
—O achado confirma a última predición de Einstein, pero tamén porá a proba a súa Teoría da Relatividade Xeral como nunca se fixo ata agora.
—Tecnicamente permítenos testar a teoría de Einstein en réximes nos que o campo gravitacional é moi, moi forte. Imaxinando o espazo-tempo como un océano, podería dicirse que ata o momento a probamos en augas acougadas e agora farémolo en tormentas terribles. Isto permitirá comprobar a teoría ata as súas últimas consecuencias e ver, talvez, se chega a fallar.
—Coa detección das ondas gravitacionais poderemos detectar o primeiro eco do «Big Bang»?
—Cando miramos ao espazo realmente o que vemos é o pasado do Universo. Cando o observas mediante radiación electromagnética, como ata agora, hai un límite no tempo ao que te podes retrotraer, dado polo fondo cósmico de microondas, que é unha foto de cando o Universo tiña 380.000 anos de antigüidade despois do big bang. Agora sabemos que poderemos ir máis, moito máis lonxe e observar o Universo no instante inmediatamente posterior ao Big Bang (“Gran Estoupido”).

(Fonte)

11. Segundo Juan Calderón, as ondas gravitacionais permiten:
A Observar como era o Universo no momento da súa orixe. Correcto?

B Contemplar obxectos distantes que teñen luminosidade. Correcto?

C Enxergar corpos celestes, como as estrelas, os planetas ou os cometas. Correcto?

12. Cal é a afirmación correcta?
A O equipo de Relatividade e Gravitación investigaba o Universo cando tiña menos de 380.000 anos de antigüidade. Correcto?

B Einstein asegurou en 1916 que existe un tipo de radiación electromagnética procedente do fondo cósmico do Big Bang. Correcto?

C A descuberta permitirá comprobar a teoría de Einstein en condicións en que antes nunca se fixera. Correcto?

13. Cal é a afirmación incorrecta?
A A observación do espazo permítenos ver realmente o pasado do Universo. Correcto?

B Juan Calderón realizou o posdoutoramento no Instituto Tecnolóxico de Xeorxia. Correcto?

C Agora poderase observar o Universo no instante posterior ao Big Bang. Correcto?

14. A detección das ondas gravitacionais realizouse:
A Utilizando a aplicación Shazam dos móbiles, que permite identificar sinais emitidos. Correcto?

B Observando obxectos que antes non se podían ver porque non emitían luz. Correcto?

C Realizando modelos precisos para así poder comparalos cos datos do detector. Correcto?

15. No texto, a palabra r a d ia c ió n [en vermello] significa:
A Fenómeno polo que un corpo é atraído en dirección ao centro da Terra. Correcto?

B Partícula máis pequena dun elemento, capaz de entrar en reacción química. Correcto?

C Propagación de enerxía a través da emisión de raios, ondas ou partículas. Correcto?

16. No texto, a palabra c o s m o lo x í a [en vermello] significa:
A Teoría de carácter mítico que explica a formación do Universo como consecuencia dunha gran explosión. Correcto?

B Ciencia que estuda os astros, a súa formación, evolución, etc., e o espazo en que se moven. Correcto?

C Ciencia que ten como obxecto de estudo a estrutura, orixe e evolución do Universo considerado como un todo. Correcto?

17. Abolir, balbucir e descolorir son verbos:
A Defectivos, porque a flexión non se produce en todos os tempos ou persoas. Correcto?

B Irregulares, porque presentan mudanzas no radical entre o presente e o pasado. Correcto?

C Impersoais, porque carecen de suxeito e só se empregan na terceira persoa. Correcto?

18. Cal é a serie de palabras correcta?
A Pleito, pratino, inflamar, obligatorio, placer. Correcto?

B Afrautado, suplantar, branquear, réplica, fretar. Correcto?

C Complacer, pranta, replegar, glaucoma, biplaza. Correcto?

19. Cales son os emparellamentos correctos?
A -cida = que habita; -tropo = alimento; -dromo = que anda; -sofía = amizade. Correcto?

B -fugo = que forma; -xero = medida; -pole = pé; -scopia = que serve para cortar. Correcto?

C -ptero = que ten ás; -nomía = norma; -fero = que contén ou produce; -latría = culto. Correcto?

20. Na oración composta practicas moito deporte así que estarás en boa forma, a oración subliñada é:
A Concesiva, porque expresa unha obxección. Correcto?

B Consecutiva, porque expresa unha consecuencia. Correcto?

C Condicional, porque expresa un condicionado. Correcto?


Nº de respostas correctas (C)
Nº de respostas incorrectas (Z)
Puntuación do test = C x 0.5 Z x 0.125
Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0.125 puntos. As respostas en branco non descontarán puntuación.

2005-2017