ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra (catedráticos de Lingue Galega e Lit. xubilados


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Maio 2016


LINGUA GALEGA

1. Formato da proba
Formato
* A proba consta de vinte cuestións tipo test.
* As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
* Puntuación: 0.50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
* Por cada cuestión tipo test incorrecta restarase 0.125 puntos.
* Polas respostas en branco non se descontará puntuación.
* No caso de marcar máis dunha resposta por pregunta considerarase como unha resposta en branco.
Duración
* Este exercicio terá unha duración máxima de: 40 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador


Texto 1
Día das Letras Galegas 2016


A Casa Museo é o espazo no que se alberga o conxunto do legado de Manuel María (1929- 2004) e, ao mesmo tempo, a sede da Fundación. Foi inaugurada o día 7 de setembro de 2013. Está concibida como un espazo físico para acoller a biblioteca, os manuscritos, os obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado co poeta e que sirva, alén diso, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra ao pobo galego, e 5 en especial ás novas xeracións.

1. Supuxo a restauración dunha vivenda que é prototipo de casa chairega. Para iso o proxecto contemplou a corrección dalgún dos engadidos que tivera a casa no transcurso do tempo. Deste xeito os visitantes poderán achegarse non só a unha das figuras máis importantes da literatura galega, senón tamén a unha interesante mostra do rico patrimonio cultural da chaira luguesa.

2. Os fondos que acolle a Casa Museo son de gran significación e singularidade, o que lle confire unha relevancia incuestionable. A título indicativo enumeramos os seguintes:

a) Un fondo artístico moi importante, que inclúe obras de Castelao, Urbano Lugrís, Carlos Maside, Laxeiro, Luís Seoane, Sucasas, Alfonso Abelenda, Manuel Torres, Blas Lourés, Felipe- Senén, Raimundo Patiño, Xavier Pousa, Argüelles, Balboa, Díaz Pardo, Castro Gil, etc.

b) Unha biblioteca, que contén unha das mellores coleccións particulares do libro galego ou sobre Galiza desde a posguerra ata a actualidade.

c) Numerosos documentos manuscritos de persoas relevantes da cultura galega coas que Manuel María mantivo estreita relación: Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego, etc.

d) Diferentes coleccións de obxectos particulares de Manuel María, que servirán para ambientar a propia casa.

e) Elementos convencionais das casas museo, que achegan á obra e á figura que se referencia.

3. O servizo que supón para os veciños e veciñas de Outeiro de Rei e arredores o feito de dispor dunha infraestrutura cultural no mesmo centro da vila, cun auditorio moi singular que ten unha capacidade aproximada de 100 persoas, onde se poderán celebrar non só as actividades da Fundación senón tamén as que programen outras entidades públicas e privadas.

Fonte

1. Segundo o texto, a Casa Museo de Manuel María:

A Posúe un importante fondo de libros, documentos e obras artísticas feitas por galegos. Correcto?

B Acolle unha biblioteca que ten obxectos persoais de diversos escritores internacionais. Correcto?

C Engade ao edificio orixinal outras partes que tivera a casa no transcurso do tempo. Correcto?

2. Cal destas afirmacións é falsa?

A A Casa Museo é un prototipo de vivenda chairega situada en Outeiro de Rei. Correcto?

B A Casa Museo ten obras de artistas galegos como Seoane, Maside e Laxeiro. Correcto?

C O poeta Manuel María inaugurou a Casa Museo o día 7 de setembro de 2013. Correcto?

3. Cal destas afirmacións é verdadeira?

A A biblioteca da Casa Museo ten capacidade para acoller aproximadamente cen persoas. Correcto?

B A Casa Museo ofrece un servizo cultural importante á cidadanía de Outeiro de Rei. Correcto?

C A Fundación Manuel María está situada nun edificio diferente ao da Casa Museo. Correcto?

4. No sentido que ten no texto, a palabra “in f r a e s t r u t u r a ” significa:

A Conxunto de instalacións e servizos de base necesarios para o desenvolvemento dunha
actividade. Correcto?

B Edificio grande e luxoso que serve de residencia a unha persoa importante, ou que antigamente
foi residencia dunha familia nobre. Correcto?

C Establecemento que está preparado para dar aloxamento e comida a moitas persoas. Correcto?

5. A palabra “c h a ir a ” significa:

A Terreo extenso, poboado de árbores non moi mestas, normalmente valado ou cercado. Correcto?

B Monte cavado onde se sementa centeo ou trigo durante un ou máis anos. Correcto?

C Grande extensión de terreo sen desniveis que ten poucas ondulacións.Correcto?

6. No sentido en que aparece no texto, unha “f u n d a c ió n ” é:

A Un establecemento ou unha institución de interese público ou utilidade social creados
por un particular.Correcto?

B Unha institución dalgunhas parroquias rurais con certa autonomía. Correcto?

C Un edificio onde está reunido un conxunto grande de libros para poder lelos. Correcto?

7. A palabra “le g a d o ” significa:

A Libro que contén un traballo literario completo, sexa nun volume ou en varios. Correcto?

B Cousa ou cousas non materiais que se transmiten á posteridade. Correcto?

C Edificio onde se gardan e se expoñen ao público coleccións de obxectos. Correcto?

8. Cal destas oracións contén un pronome persoal de solidariedade?

A Douche as chaves do coche. Correcto?

B Ti fai o que eu che digo. Correcto?

C Éche boa verdade.Correcto?

9. Cal é a serie de palabras ortograficamente correcta?

A Pabellón, eiva, berza, voda, buitre. Correcto?

B Acibro, avogado, bulto, avó, beira. Correcto?

C Ver, servir, caber, vivir, deber.Correcto?

10. Cal é a serie de palabras correctamente acentuada?

A Deíxate, coñác, partíu, inútilmente. Correcto?

B Fáisenos, béisbol, présas, facilmente.Correcto?

C Vaiseme, peiño, tráiler, fríamente. Correcto?

11. Cal destes tempos verbais é un imperfecto de subxuntivo?

A Batese, bateses, batese, batésemos, batésedes, batesen.Correcto?

B Partía, partías, partía, partiamos, partiades, partían. Correcto?

C Andei, andaches, andou, andamos, andastes, andaron. Correcto?

12. Cal é a serie de palabras correcta desde o punto de vista da normativa?

A Provinte, consoancia, intervenir, donante. Correcto?

B Convinte, personal, desorden, intraveoso. Correcto?

C Inconveniente, xerador, resoar, areoso.Correcto?

13. Cal é a serie de emparellamentos correcta?

A Meta- → exceso; proto- → final; cata- → superior; arqui- → vello. Correcto?

B Foto- → luz; termo- → calor; bio- → vida; xeo- → terra.Correcto?

C Anfi- → intenso; endo- → círculo; peri- → anterior; apo- → unión. Correcto?


Texto 2
Consumir cogomelos silvestres sen risco


1. En caso de dúbida na identificación da especie, non consumir. Se, mentres se observa o exemplar dun cogomelo, alguén di que lle “parece ser tal ou cal especie”, e non o afirma con seguranza, non debe collelo para comer. O risco é grande. Isto pasa moitas veces coa Amanita rubescens, excelente comestible, moi apreciado en Francia, mais algúns exemplares son semellantes a Amanita pantherina, tóxico. Neste caso só se deberán coller os que 5 realmente se manchan de cor de viño ao tocalos.

2. Algunhas especies poden ser comestibles, mais só unha vez. Das case 3000 especies de cogomelos, só unhas 50 (e xa é moito) son comestibles de calidade, media ducia son hepato-tóxicas, poden causar a morte (60 gramos son suficientes para provocar un coma hepático nunha persoa 10 adulta), cerca de 30 poden provocar intoxicacións menores (intolerancias, gastroenterites, taquicardias, ...) que normalmente pasan sen axuda médica. Os restantes cumpren unha función ecolóxica importante, mais non son comestibles ou non vale a pena cociñalos.

3. Vaia a un hospital inmediatamente se sospeita unha intoxicación. Na actualidade, non hai razón para haber mortes causadas polo consumo de cogomelos, nin para chegar ao coma hepático se o tratamento é aplicado de inmediato. Na Galiza, durante os tres últimos anos, houbo preto dunha ducia de intoxicacións provocadas por hepatotoxinas procedentes de Amanita phalloides e Lepiota brunneoincarnata e non houbo mortes nin transplantes.

4. En lugares públicos só debe consumir especies certificadas sanitariamente. Parece clara a necesidade
de supervisar a procedencia de produtos animais e vexetais que chegan aos mercados ou son servidos nos restaurantes, mais non ocorre así cos cogomelos. É frecuente ver cogomelos collidos por persoas non identificadas que se comercializan sen problema e hai restaurantes nos cales é o propio restaurador o que colle ou compra á porta as especies que vai servir, sen supervisión algunha por parte das autoridades competentes. Por iso, un consello práctico é que en restaurantes e mercados só se consuman e/ou adquiran cogomelos certificados, con etiqueta na cal se indique o nome científico (o popular é opcional), a procedencia e o número de rexistro sanitario, sexan de cultivo ou silvestres. O resto é arriscar demasiado.

5. As conservas de cogomelos en mal estado son moi perigosas. Os cogomelos son “froitos” de temporada, deben consumirse frescos, que é cando presentan mellor os aromas e as texturas propias. As conservas, á excepción dos conxelados industriais, perden o interese.

Marisa Castro - Investigadora da Universidade de Vigo (Fonte)



14. Os cogomelos silvestres:

A Constan de tres mil especies comestibles de calidade. Correcto?

B Deben consumirse frescos, porque son froitos de temporada.Correcto?

C Nunca poden provocar un coma hepático nunha persoa adulta. Correcto?

15. Cal destas afirmacións é falsa?

A O nome popular é opcional nas etiquetas nas cales se indica o nome científico. Correcto?

B As conservas de cogomelos en mal estado son moi perigosas. Correcto?

C Non se deben consumir os cogomelos que se manchan de cor de viño ao tocalos.Correcto?

16. Cal destas afirmacións é verdadeira?

A Nos tres últimos anos houbo arredor dunha ducia de intoxicacións.Correcto?

B Non é frecuente ver cogomelos collidos por persoas non identificadas. Correcto?

C Os restauradores nunca compran á porta as especies que van servir. Correcto?

17. A palabra “ t a q u ic a r d ia ” significa:

A Aumento do ritmo dos latexos do corazón por riba do máximo normal.Correcto?

B Incremento da substancia graxa presente na membrana das células animais. Correcto?

C Presión que exerce o sangue sobre as paredes das arterias. Correcto?

18. A palabra “ h e p á t ic o ” significa ‘relativo ou pertencente’:

A Ao ril. Correcto?

B Ao fígado.Correcto?

C Ao páncreas. Correcto?

19. Cal é a serie de palabras que contén substantivos colectivos?

A Quilo, gramo, litro, porción. Correcto?

B Souto, feixe, louza, restra. Correcto?

C Auga, terra, fariña, sal. Correcto?

20. No sentido en que aparece no texto, a palabra “ in t o le r a n c ia ” significa:

A Morte dunha área de tecido, ocasionada pola obstrución da arteria que a rega. Correcto?

B Acumulación anormal de líquido, en particular de sangue, nunha parte do corpo. Correcto?

C Imposibilidade dun organismo para aceptar determinadas substancias.Correcto?



N.º de respostas correctas (C)
N.º de respostas incorrectas (Z)
Puntuación do test= C×0,5-Z×0,125
Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0,125

2005-2024