ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra (catedráticos de Lingue Galega e Lit. xubilados


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Xuño 2015 opción azul (a opción amarelo é o mesmo coa orde das preguntas cambiadas)


LINGUA GALEGA

1. Formato da proba
Formato
* A proba consta de vinte cuestións tipo test.
* As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
* Puntuación: 0.50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
* Por cada cuestión tipo test incorrecta restarase 0.125 puntos.
* Polas respostas en branco non se descontará puntuación.
* No caso de marcar máis dunha resposta por pregunta considerarase como unha resposta en branco.
Duración
* Este exercicio terá unha duración máxima de: 40 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador



Texto 1
Paulo Azevedo e Sofia Ribeiro dan cinco recomendacións para a cidade de Lugo


1. A muralla
Declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, é a única muralla romana do mundo que se conserva íntegra. Non é fantástico poder camiñar por un monumento do século III d. de C.? A pesar de non termos dado a volta completa (2,3 km), sorprendeunos por ser tan longa e por gozaren tanto dela os seus habitantes, camiñando, 5 facendo jogging ou simplemente paseando o can. Ao final, como acostuman dicir, a muralla é como se fose unha rúa máis da cidade, ou mellor, a rúa máis alta.

2. As rúas peonís
O centro histórico de Lugo, concentrado no interior das murallas, é enteiramente peonil, sendo 10 moi agradable deambular, sen mapa, polas súas rúas. Pódense descubrir a Praza Maior, vestixios romanos, a porta de entrada dos peregrinos de Santiago na cidade, casas con arcadas e edificios curiosos como o da tenda de artesanía Triskel, de cuxas xanelas espreitan unhas simpáticas meigas (bruxas). Hainas por toda a provincia, boas e más segundo din, formando parte íntima da tradición galega.

3. A queixería da Praza do Campo
Cando paseabamos polas rúas peonís do centro histórico, descubrimos, moi preto da catedral, esta tenda exclusivamente dedicada aos queixos artesanais. A decoración é moderna e minimalista, sendo o queixo o principal protagonista. Hainos de todo o mundo, mais son os españois os que destacan, especialmente os de Galicia e Asturias. Claro que aproveitamos para comprar un San Simón da Costa, o queixo tradicional da rexión. O formato é parecido ao tetilla, o mais famoso queixo galego, aínda que cun sabor lixeiramente afumado. Delicioso!

4. A convivencia ao anoitecer
Na maioría das cidades españolas, ao final do día, as rúas dos centros históricos énchense de persoas de todas as idades. A diferenza é que en Lugo estaban a 2º C. O principal punto de en25 contro é a Rúa Nova ou Rúa dos Viños, onde se concentra a maioría dos bares. Pedindo unha bebida, as tapas son normalmente gratuítas.

5. A Virxe dos Ollos Grandes
É a padroeira da cidade. A súa imaxe encóntrase nunha capela barroca, a máis bonita da Catedral de Lugo, e é cativadora. Talvez por iso haxa sempre fieis cos ollos postos nela.

Fonte

1. Cal destas series de afirmacións é verdadeira?
A A xente da cidade de Lugo enche as rúas incluso en épocas de baixas temperaturas. Correcto?

B A tenda de artesanía Triskel é propiedade dunhas meigas moi simpáticas. Correcto?

C O lugar de Lugo en que máis se encontran os seus habitantes é a Praza Maior. Correcto?

2. Cal destas afirmacións é falsa?
A O centro histórico de Lugo atópase situado dentro da muralla da cidade. Correcto?

B A cidade de Lugo non recibía peregrinos do Camiño de Santiago. Correcto?

C A muralla da cidade de Lugo construírona os romanos hai dezaoito séculos. Correcto?

3. A cidade de Lugo:
A Carece de rúa dos viños, bares de tapas gratuítas e tendas de produtos lácteos. Correcto?

B Posúe unha catedral romana, murallas da época barroca e xente que fai queixos. Correcto?

C Ten monumentos romanos, ambiente nos bares ao anoitecer e rúas só para peóns. Correcto?

4. No sentido que ten no texto, a palabra “espreitar” (subliñada no texto) significa:
A Exercer influencia sobre algo ou alguén por medios máxicos. Correcto?

B Observar algo ou alguén con atención, procurando non ser visto. Correcto?

C Expresar o desexo de que lle ocorra un mal ou unha desgraza a alguén. Correcto?

5. No sentido en que aparece no texto, a palabra “deambular” (subliñada no texto) ten como sinónimos:
A Vagar, errar. Correcto?

B Perder, extraviar. Correcto?

C Esgotar, extenuar. Correcto?

6. A palabra “peonil” (subliñada no texto) significa ‘relativo ou pertencente’:
A Ao conduto polo que se evacúan as augas da chuvia e os residuos das vivendas. Correcto?

B Á condución de vehículos por unha rúa de sentido único nunha cidade. Correcto?

C Á persoa que circula andando, por oposición á que vai nun vehículo. Correcto?

7. Cal destas oracións contén algunha falta de ortografía?
A Explícame o por qué desa actitude. Correcto?

B Aprobei o exame porque o tiña preparado. Correcto?

C Por que volviches tan tarde? Correcto?

Texto 2
Ledicia Costas: “A miña primeira novela escribina con catorce anos”


Ledicia Costas (Vigo, 1979) foi unha escritora precoz. Con apenas vinte anos publicou o seu primeiro libro: Unha estrela no vento. Agora presenta Escarlatina, a cociñeira defunta, Premio Merlín 2014, un dos libros para rapaces máis interesantes dos publicados nos últimos anos.
P. Vostede publicou o seu primeiro libro moi nova. Lembra como comezou a escribir?
R. Coido que todos os escritores chegamos a través da lectura. Cando era nena lin moito. Era o que máis me prestaba. E logo o vicio completouse coa escritura. Con catorce anos xa tiña unha novela acabada e miña nai dicía: “Xa lle pasará”, como quen fala dunha carraspeira, porque eu prefería ficar na casa, cos meus libros e os meus papeis, en vez de ir xogar á rúa coas amigas.
P. Como é o seu método? Escribe todos os días?
R. Todos os días, ao redor de oito horas en cada xornada. Son moi metódica, pero non escribo segundo un plan definido. Gústame ir construíndo a historia a medida que a vou escribindo. É o mellor xeito de que siga a ser divertido escribir. Pero tamén sei que o éxito para unha escritora, é dicir, conseguir escribir o libro que queres escribir, só se consegue con esforzo, con horas e horas diante do texto; primeiro creando e logo corrixindo. A corrección é o que menos me gusta do meu traballo, pero é un labor ao que lle dedico moito tempo. Chega un momento no que xa practicamente sei de memoria o texto dos meus libros e ata me farta telos diante e estou desexando mandalos á imprenta e esquecelos.
P. En Escarlatina hai referencias explícitas a obras e autores infantís. Roald Dahl está moi presente. Nótase moi positivamente a súa influencia. Recoñece outras pegadas?
R. As referencias literarias na miña obra son sempre inconscientes. Traballo por instinto, escribo sen plan. E polo tanto esas influencias, que loxicamente existen, aboian desde o meu íntimo, sen chamalas. Si recoñezo que neste libro quixen ser máis fiel ca nunca ao propio imaxinario que me marcou. Quería que todos aqueles temas que me encantaban de nena saísen para fóra. De aí que a presenza de Dahl e outros quizais sexa máis explícita. Pero non só me cingo ao literario. Por exemplo, aparece unha referencia literal á serie de Dragon Ball, porque para a miña xeración, que se criou co programa La bola de cristal e as series do Xabarín Club da TVG, o universo narrativo vai máis alá dos libros.
P. Amais da historia de Escarlatina e Román, neste libro hai doce receitas de cociña. As receitas son reais, poden facerse e teñen boa pinta.
R. O fácil sería xustamente deixarse levar polo argumento e inventar receitas que non valesen para nada. Eu non quería iso. Buscaba xustamente facer dous libros nun. Dunha banda contar unha historia e doutra deseñar un compendio de receitas atractivas para os cativos (hai chocolate, pizza, moito azucre, masa e forno), mais con certa complexidade. Receitas que poden facer os nenos, pero que cómpre executalas en equipo. Receitas para que as entendan os rapaces, mais que nalgúns casos precisan práctica, como un desafío para eles.

Fonte



8. No sentido que ten no texto, a palabra “aboiar” (subliñada no texto) significa:
A Xuntar unha vaca co boi para a reprodución. Correcto?

B Ter algún efecto ou exercer influencia sobre algo ou alguén. Correcto?

C Saír desde o interior para manterse na superficie ou no exterior. Correcto?

9. A palabra “precoz” (liña 1) significa:
A Que foi recompensada cun premio nun concurso polos seus méritos literarios. Correcto?

B Que escribe obras propias do mundo da infancia ou relativas a el. Correcto?

C Que manifesta calidades, gustos, etc., propios dunha idade superior á súa. Correcto?

10. A palabra “metódica” (subliñada no texto) significa:
A Que é incapaz de manterse quieta, porque ten os nervios excitados. Correcto?

B Que fai que unha cousa perda a súa organización e o seu bo funcionamento. Correcto?

C Que obra de maneira razoada, con orde e coidando os detalles máis pequenos. Correcto?

11. Segundo a entrevista, Ledicia Costas:
A Quere escribir unha obra literaria inspirada en Dragon Ball e está farta de ler libros. Correcto?

B Escribiu unha obra literaria na que aparece Roald Dahl e saíu no Xabarín Club. Correcto?

C Ten influencias doutros escritores e escribiu unha obra literaria que contén receitas. Correcto?

12. Cal destas afirmacións é falsa?
A Na obra Escarlatina aparecen os temas que lle gustaban a Ledicia cando era nena. Correcto?

B Cando Ledicia era adolescente, a súa nai apoiaba que quixese facerse escritora. Correcto?

C Unha estrela no vento foi a primeira obra literaria publicada por Ledicia. Correcto?

13. Cal destas afirmacións é verdadeira?
A Cando escribiu La bola de cristal, Ledicia Costas tiña catorce anos. Correcto?

B Na obra Escarlatina hai doce receitas de cociña que poden preparar os nenos. Correcto?

C Roald Dahl recibiu o Premio Merlín pola súa obra sobre Escarlatina e Román. Correcto?

14. No sentido en que aparece no texto, a palabra “cinguirse” (subliñada no texto) ten como sinónimos:
A Adherirse, converterse. Correcto?

B Amosarse, manifestarse. Correcto?

C Limitarse, circunscribirse. Correcto?

15. Cal é a serie de palabras incorrectamente acentuada?
A Período, fórceps, tándem, voleibol. Correcto?

B Lapis, bíceps, carácter, atmosfera. Correcto?

C Ademáis, triceps, fixerón, deuchenolo. Correcto?

16. Cal destas oracións contén un pronome persoal incorrectamente colocado?
A Xa o atopamos hoxe na rúa. Correcto?

B Atopámolo xa enfermo. Correcto?

C O atopei onte paseando. Correcto?

17. Cal é a serie de emparellamentos correcta?
A Xeo- → terra; -alxia → dor; hemi- → medio; cefalo- → cabeza. Correcto?

B Foto- → voz; estoma- → estómago; hipno- → cabalo; -loxía → lingua. Correcto?

C Cito- → animal; epi- → baixo; -fago → amigo; dinamo- → dificultade. Correcto?

18. Cal é a serie de palabras correcta?
A Voar, taboado, soidade, moedura, dorido. Correcto?

B Xelado, salud, tabla, sobresalir, voluntade. Correcto?

C Doler, colorado, saludable, vixilar, salida. Correcto?

19. Cal é a serie de palabras correcta?
A Esaxerar, estender, extenso. Correcto?

B Tasa, excusa, extraño. Correcto?

C Grasa, estensión, extranxeiro. Correcto?

20. Cal é o presente de subxuntivo correctamente conxugado?
A Poda, podas, poda, podamos, podades, podan. Correcto?

B Sea, seas, sea, seamos, seades, sean. Correcto?

C Valla, vallas, valla, vallamos, vallades, vallan. Correcto?



N.º de respostas correctas (C)
N.º de respostas incorrectas (Z)
Puntuación do test= C×0,5-Z×0,125
Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0,125

2005-2024