Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
2011 opción azul (a opción amarelo é o mesmo coa orde das preguntas cambiadas)


LINGUA GALEGA

1. Formato da proba
Formato
* A proba consta de vinte cuestións tipo test.
* As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
* Puntuación: 0.50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
* Por cada cuestión tipo test incorrecta restarase 0.125 puntos.
* Polas respostas en branco non se descontará puntuación.
Duración
* Este exercicio terá unha duración máxima de: 60 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador


Texto
Día das letras galegas 2011
Tirar Lois Pereiro do parnaso
O proxecto "multiarte"

'Mundo Lois' pretende achegar ao público a obra do poeta Nada amábel había na escrita de Lois Pereiro. Poeta urbano, aguzado, metálico e hermético ao comezo, descarnado e radicalmente diáfano contra o final, a constelación de afinidades lectoras do autor de Poesía última de amor e enfermidade situábao nun lugar moi fóra do popular. "Pero a nosa obriga, a dos seus amigos e coetáneos, é rescatalo do silencio en que estivo mergullado até agora", non dubida Lino Braxe.
Talvez debido ás consideracións previas de Braxe -el mesmo autor de libros de poemas como Alarido ou A caricia da serpe-, Mundo Lois parte da intención de achegar a literatura de Pereiro ao público xeral. Unha escenografía, proxeccións audiovisuais, a música en directo de Alexandre González e o recitado dunha escolma de textos en boca da actriz Antela Cid e do propio director da montaxe, Lino Braxe, conforman o operativo despregado para "divulgar" a obra poética do monfortino. "Queremos que resulte o máis divulgativo posíbel", puntualiza, "malia ser un autor moi íntimo e ao tempo moi querido”."Lois Pereiro é un escritor tan próximo no tempo que traballou en claves moi elaboradas da escrita de avangarda e da cultura popular xuvenil e supón unha oportunidade singular para interesar pola cultura de expresión galega a novos públicos", di a declaración de intencións de Mundo Lois pendurada na web do espectáculo. Xurdido dunha idea do produtor Antón Reixa, en palabras do director do proxecto pretende "que se volva falar de Lois Pereiro, que se poña en solfa para que os novos se emocionen cos seus poemas, co seu xeito de escribir". Os materiais extraídos dos seus tres volumes de poesía e da súa novela serven de base ao Mundo Lois. "É doado facer un espectáculo con textos tan bos", confesa o propio Braxe, "o difícil sería facelo con textos malos".
Coa teima, na que insiste unha vez e outra, "de que Pereiro non quede para unha koiné, para un grupo hermético, que todo o mundo poida chegar a el", o responsábel artístico de Mundo Lois lembra ao poeta que coñeceu. "Vivía o galego con moita naturalidade", di, "era un poeta punk, urbano, universal. E punto". Quen escribira o poema “Narcisismo” fixérao escollendo unha tradición multinacional, non seguidista, por veces de aparencia chocante: Ánxel Fole e Peter Handke, Paul Celan e Manuel Antonio, Lou Reed e PIL, Baudelaire e Álvaro Cunqueiro, Vladimir Maiakovski e José Ángel Valente. "É que, igual que me pasa a min", continúa Braxe, "Pereiro escribía non para ser un escritor galego, senón para ser un escritor universal; a miña vara de medir non está en Curros Enríquez, senón en Artur Rimbaud".

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Tirar/Lois/Pereiro/do/parnaso/elpepiautgal/20110304elpgal_26/Tes

1. O tema principal do texto é:
A As características do espectáculo dirixido por Lino Braxe. Correcto?

B A anovadora posta en escena feita por Antón Reixa. Correcto?

C Os temas principais dos libros de poemas de Lois Pereiro. Correcto?

2. Segundo Lino Braxe, o poeta Lois Pereiro:
A Escolleu unha temática urbana seguidora da poesía galega tradicional. Correcto?

B Elixiu seguir unha tradición proveniente de diferentes linguas e culturas. Correcto?

C Optou por imitar os poetas posmodernos da literatura universal. Correcto?

3. Afirmar que Lois Pereiro é un poeta hermético ao principio e diáfano ao final significa que escribiu:
A Unha poesía cerrada ao principio e transparente ao final. Correcto?

B Unha poesía clásica ao principio e sentimental ao final. Correcto?

C Unha poesía filosófica ao principio e melancólica ao final. Correcto?

4. Segundo os creadores do espectáculo M u n d o L o is , a obra de Lois Pereiro pode:
A Achegar o público especializado a unha poesía galega de tipo convencional. Correcto?

B Facer que públicos novos se interesen pola cultura que se expresa en galego. Correcto?

C Servir para que o público teatral coñeza tamén a obra dos escritores que imitou. Correcto?

5. Segundo Lino Braxe, o espectáculo:
A Intenta analizar o contido dos seus poemas usando o teatro. Correcto?

B Persegue divulgar a súa obra entre un público seleccionado. Correcto?

C Pretende recuperar a obra de Pereiro e dalo a coñecer ao público. Correcto?

6. Dentro da cronoloxía da literatura galega, a obra poética de Lois Pereiro pertence ao século:
A XIX Correcto?

B XXI Correcto?

C XX Correcto?

7. Cal é a serie de palabras correcta?
A Plaza, sabre, pratino, pranto, pleamar, plano. Correcto?

B Prato, branco, planta, brando, pluma, brancura. Correcto?

C Plata, doble, placer, plaga, noble, plasmar. Correcto?

8. Cal destas oracións compostas contén unha oración subordinada adxectiva?
A Déronlle a praza a quen a merecía. Correcto?

B O rapaz con quen falabas é fillo seu. Correcto?

C Preguntoume quen era o responsable. Correcto?

9. Cal é a serie de palabras correcta?
A Adicto, reproducción estructura, ficción, deíctico, diccionario, dictadura. Correcto?

B Reducto, reducción, fructífero, estricto, victoria, invicto, conflicto. Correcto?

C Succionar, veredicto, vítima, condutor, condución, fricción, convicción. Correcto?

10. Cales son os emparellamentos correctos?
A Omni- = todo; cromo- = cor; -fero = que contén; -mancia = adiviñación. Correcto?

B Ambi- = ambiguo; cosmo- = espazo; -sono = que dorme; -filia = temor. Correcto?

C Agri- = leira; ictio- = pedra; -vomo = que expele; -ptero = pluma. Correcto?

11. Cal é a serie de palabras correcta?
A Labazada, gañancia, inconvinte, paspallás, primaveira. Correcto?

B Inconveniente, vixilancia, primavera, ambiente, ganancia. Correcto?

C Arañazo, bofetada, cautivar, chimenea, codorniz. Correcto?

12. Cal é a serie de palabras correcta?
A Bocois, lapis, túneles, crueis, gardas civís. Correcto?

B Bocois, lápices, túneis, crueis, gardacivís. Correcto?

C Bocoies, lápices, túneles, crueles, gardas civiles. Correcto?

13. Cal é a serie de palabras correcta?
A Quizáis, últimamente, españóis, máis, si, dúplex. Correcto?

B Quizais, ultimamente, españóis, mais, sí, duplex. Correcto?

C Quizais, ultimamente, españois, máis, si, dúplex. Correcto?

14. Cal é a afirmación correcta?
A As palabras rematadas en –ón forman o feminino en –ona (patrón-patrona), agás os aumentativos, que engaden –oa: preguntoa. Correcto?

B As palabras rematadas en –ín forman o feminino en –iña (bailarín-bailariña), agás ruín, que é invariable. Correcto?

C As palabras rematadas en –ún forman o feminino en –úa (vacún-vacúa), agás euscaldún, que engade –a: euscalduna. Correcto?

15. Na oración "os editores galego teñen que moverse canto antes", o pronome “se” funciona como:
A Formante léxico (valor pronominal). Correcto?

B Complemento directo (reflexiva directa). Correcto?

C Se impersoal (pasiva reflexa). Correcto?

16. Na oración “Cando a enfermidade xa está avanzada, prodúcese unha distorsión da imaxe corporal”, o enunciado “unha distorsión da imaxe corporal” funciona como:
A Complemento predicativo. Correcto?

B Suxeito. Correcto?

C Complemento directo. Correcto?

17. Cal é a familia léxica correcta?
A Persoa, persoeiro, personaxe, personificar, personalidade. Correcto?

B Luna, lunar, alunado, alunizar, lunático. Correcto?

C Son, sonar, sonoro, sonoridade, sonorizar, resonar, resonante, resonador, resonancia. Correcto?

18. Cal é a serie de palabras correcta?
A Extremadura, excavar, extrarradio, excelente. Correcto?

B Osíxeno, estender, extensión, esplendor. Correcto?

C Extranxeiro, exótico, exaxerar, extraño. Correcto?

19. Cal destas oracións contén un pronome de solidariedade?
A Estes rapaces non se nos cansan de xogar. Correcto?

B Os xornais sempre llelos traio eu. Correcto?

C Dixéroncheme que non estaba. Correcto?

20. Cal é a serie de características correcta?
A Bloque occidental (área pontevedresa): Correcto?
– Plural das palabras rematadas en –n: -ois (xamois).
– Conservación da vogal u: cuartos.
– Artigo determinado el: tirar al riu, el cachón levouna.
– Vogais nasalizadas: úa egua tal, mía egua.

B Bloque oriental (área asturiana): Correcto?
– Gheada: logho, neghras.
– Seseo explosivo: ves, fasendo, enserrados, bisicleta.
– Variante do pronome átono lle: xa ñe diron, darñe.
– Terminación -stedes para a 2ª persoa do plural do pretérito: fóstedes, tirástedes.

C Bloque central (área lucu-auriense): Correcto?
– Gheada: ghuapa, cheghar, agharrar.
– Plural das palabras rematadas em –n: -ós (canciós).
– Demostrativos: ise, eso [neutro].
– Pronome masculino de 3ª persoa do singular: il.


Nº de respostas correctas (C)
Nº de respostas incorrectas (Z)

Puntuación do test = C x 0.5 - Z x 0.125
Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0.125 puntos.
As respostas en branco non descontarán puntuación.

2005-2024