ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra (catedráticos de Lingue Galega e Lit. xubilados


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Xuño 2010 opción azul (a opción amarelo é o mesmo coa orde das preguntas cambiadas)


LINGUA GALEGA

1. Formato da proba
Formato
* A proba consta de vinte cuestións tipo test.
* As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
* Puntuación: 0.50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
* Por cada cuestión tipo test incorrecta restarase 0.125 puntos.
* Polas respostas en branco non se descontará puntuación.
* No caso de marcar máis dunha resposta por pregunta considerarase como unha resposta en branco.
Duración
* Este exercicio terá unha duración máxima de: 40 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador



Texto 1
As primeiras viaxes en avión


Os avións trimotores Rohrbach Roland cos que empezou a operar a compañía española Iberia en 1927 dispoñían de lavabos pero tiñan que ver moi pouco cos de agora. Os dez pasaxeiros que cabían en cada avión viaxaban en asentos de vimbio. Había espazo para dous tripulantes, equipaxe e carga. Só alcanzaban unha velocidade máxima de 205 quilómetros por hora polo que o traxecto entre Madrid e Barcelona duraba unhas tres horas. Ademais, apenas había sistemas de navegación así que a preparación do piloto era crucial para a seguridade do voo. Para encher o depósito dun avión facía falta unha decena de bidóns de gasolina e unha bomba que se accionaba manualmente.
Os privilexiados que montaron nestes primeiros avións de Iberia pagaban 125 pesetas polo voo entre Madrid e Barcelona, unha cantidade que non estaba ao alcance de calquera e que supoñía cinco veces máis que o traxecto máis económico en tren (o billete custaba 55 pesetas en 1ª clase, 41 en 2ª e 26 en 3ª). Para facernos unha idea dos prezos, naquela época unha barra de pan custaba uns 5 céntimos de peseta, un xornal 10 céntimos e un par de zapatos unhas 20 pesetas.
Dous anos máis tarde, en 1929, inaugurouse a liña Madrid-Sevilla, cun prezo de 100 pesetas e escasa expectación: no primeiro voo só viaxou un pasaxeiro indio.
A primeira ruta europea foi Madrid-Lisboa e implantouse en 1939. Ao rematar a II Guerra Mundial, Iberia deu o salto a América do Sur e comezou a voar a Buenos Aires, converténdose na primeira compañía que establecía unha ruta aérea entre Europa e Sudamérica tras a contenda. Para chegar á capital arxentina había que facer escalas en Dajla (Sahara), Natal e Rio de Janeiro (Brasil).

[http://www.elmundo.es]

1. Segundo a noticia, as primeiras viaxes en avión coa compañía Iberia:
A Realizáronse entre Madrid e Barcelona e cada avión só levaba dez pasaxeiros. Correcto?

B Facían o traxecto entre Madrid e Buenos Aires xa antes da II Guerra Mundial. Correcto?

C Tiveron lugar entre Madrid e Sevilla e custaba 125 pesetas o billete. Correcto?

2. No corpo da noticia, a palabra bomba (subliñado no texto) significa:
A Xerador que emite radiacións utilizadas con fins terapéuticos no tratamento de tumores cancerosos. Correcto?

B Máquina que serve para trasfegar, extraer ou elevar fluídos, ben por aspiración, ben por compresión. Correcto?

C Proxectil cargado de material explosivo e provisto dun mecanismo que o fai estoupar. Correcto?

3. No corpo da noticia, a palabra escala (subliñado no texto) significa:
A Acción de aterrar ou pousar en terra un avión ou unha nave espacial. Correcto?

B Acción de separarse do chan unha nave para iniciar o voo. Correcto?

C Parada que fai unha nave para cargar combustible e embarcar ou desembarcar mercadorías ou pasaxeiros. Correcto?

4. No corpo da noticia, a palabra tripulantes (subliñado no texto 3) significa:
A Profesionais encargados de controlar os movementos das aeronaves durante o voo para evitar posibles colisións, principalmente no momento da saída e da aterraxe.Correcto?

B Persoas que se dedican á reparación de avións. Correcto?

C Traballadores que forman parte do equipo de persoas encargadas de pilotar e manter o servizo a bordo dun barco ou avión. Correcto?

5. Cal é a serie de palabras correcta?
A Sordeira, encía, ensalzar, esterior. Correcto?

B Graxa, solfexo, osíxeno, pelexa. Correcto?

C Ensexar, sastre, pasión, tasa. Correcto?

6. Cal é a serie de palabras correcta?
A Basoira, escarabello, maravillado, bernizado. Correcto?

B Inmóvil, valeirar, aveleira, esbarar. Correcto?

C Débeda, chuvasco, avultado, gravación. Correcto?

7. Cal é o tempo verbal correctamente conxugado?
A Dea, deas, dea, deamos, deades, dean. Correcto?

B Haia, haias, haia, haiamos, haiades, haian. Correcto?

C Esté, estés, esté, estemos, estedes, estén. Correcto?

8. Cal é a oración correctamente escrita?
A Non era de cor negra, se non grisácea. Correcto?

B Eses programas non fan se non volver á xente máis parva. Correcto?

C Se non atopas sitio, volve para a casa. Correcto?

Texto 2
A idade mínima para consumir alcol

A Xunta aprobará unha lei que elevará de 16 a 18 anos a idade mínima para consumir alcol en establecementos públicos e combater o abuso detectado nos menores de idade galegos. A normativa prevé sancións como medio para condenar eventuais incumprimentos, aínda que non como obxectivo.
Neste sentido, o texto aposta por un réxime sancionador para os adultos que induzan os menores ao consumo mediante a cesión, venda, publicidade ou patrocinio de bebidas alcólicas dirixidas especificamente a eles e tamén penaliza os menores que o fagan. Iso si, no seu caso substitúe a sanción pecuniaria por accións de información, reeducación ou de beneficio para a comunidade.
Esta lei busca unha nova cultura social na venda e o consumo de alcol, debido aos alarmantes datos das autoridades sanitarias galegas sobre a afección ao alcol en menores. Como exemplo, pode apuntarse que as intoxicacións etílicas en menores atendidas polo 061 aumentaron un 70 por cento desde o ano 2000.
Nesta liña, cómpre sinalar tamén que o 50 por cento dos menores que inician o consumo de bebidas alcólicas antes dos 14 anos acaban converténdose en adictos. Segundo as autoridades, hai un problema social e non se pode seguir mirando para outro lado, senón que hai que comprometerse a buscar consenso con todos os axentes implicados, aos que se informará da nova lei.
Ademais de elevar a 18 anos a idade mínima legal para beber alcol e prohibir o seu consumo a menores en establecementos públicos así como na rúa –co polémico 'botellón' como máximo expoñente–, a norma prevé limitacións horarias para a venda de bebidas alcólicas por establecementos non autorizados para o consumo no mesmo local.
Tamén se regulará a publicidade e o patrocinio de bebidas alcólicas dirixidas a menores, realizarase un control administrativo destas restricións e promocionaranse convenios de autorregulación con empresas produtoras e medios de comunicación.
Co obxectivo de reducir a demanda, o texto avoga tamén pola definición das liñas de educación para a saúde na escola, o establecemento dun uso racional do alcol e o desenvolvemento de actividades alternativas de lecer para menores de idade.

[http://www.anosaterra.org]

9. O contido principal da noticia é:
A A Xunta elevará a idade máxima para consumir alcol e regulará a venda e o consumo de alcol a partir dos 18 anos. Correcto?

B A Xunta elevará a 18 anos a idade mínima para consumir alcol e fixará sancións para os adultos que induzan os menores ao consumo, e para os menores que o fagan. Correcto?

C A Xunta elevará a idade mínima para consumir alcol e permitirá sen restricións a publicidade de bebidas alcólicas dirixidas a menores de 16 anos. Correcto?

10. No corpo da noticia, a palabra etílico (subliñado no texto) significa:
A Producido por unha inxestión excesiva de alcol. Correcto?

B Referente á sanción imposta polas autoridades. Correcto?

C Relativo ao alcol na publicidade. Correcto?

11. No corpo da noticia, a palabra patrocinio (subliñado no texto) significa:
A Parte dunha cousa que, con respecto a outra ou outras, está máis elevada. Correcto?

B Feito ou circunstancia de ser ou facer público algo. Correcto?

C Apoio e protección prestados por unha institución ou por unha persoa importante. Correcto?

12. No corpo da noticia, a palabra pecuniario (subliñado no texto) significa:
A Medida que se toma en contra de alguén por incorrer en falta ou delito. Correcto?

B Relativo ao diñeiro efectivo. Correcto?

C Gasto dos produtos de calquera tipo que se compran e se venden como mercadorías. Correcto?

13. Cal é a serie de palabras correcta?
A Adictos, productoras, obxectivo, detetado, sustitúe. Correcto?

B Detectado, obxectivo, substitúe, adictos, produtoras. Correcto?

C Sustitúe, obxetivo, detectado, productoras, aditos. Correcto?

14. Cal é a serie de palabras correcta?
A Alcol, velahí, exhuberante, transeúnte. Correcto?

B Alcol, velaí, exuberante, transeúnte. Correcto?

C Alcohol, velaí, exhuberante, transehúnte. Correcto?

Texto 3

Novo método de plurilingüismo

Co gallo da recente edición galega do método de aprendizaxe "EuroComRom – As sete peneiras: Saber ler axiña todas as linguas románicas", a Área de Filoloxía Catalá da Universidade de Santiago de Compostela, coa colaboración do Departamento de Filoloxía Galega, organiza por vez primeira unhas xornadas de presentación do proxecto plurilingüe de alta relevancia europea EuroCom.
EuroCom –ou sexa EuroComprensión– é o acrónimo para Intercomprensión Europea nas tres grandes familias de linguas europeas: as románicas (EuroComRom), eslavas (EuroComSlav) e xermánicas (EuroComGer). Trátase dun método de aprendizaxe simultánea de linguas europeas baseado na facilidade de intercomprensión dentro das tres grandes familias lingüísticas, aproveitando as semellanzas entre os idiomas dun mesmo grupo.
O obxectivo deste proxecto é promover o plurilingüismo entre europeos pola vía das competencias lingüísticas receptivas que se apoie na complexidade e na riqueza lingüística de Europa, e que poida conducir a unha verdadeira competencia paneuropea.
Desenvolvido desde hai xa varios anos polos profesores Tilbert D. Stegmann e Horst G. Klein, da Universidade J.W. Goethe de Frankfurt, o proxecto EuroCom comprende dimensións políticas, lingüísticas e didácticas de plena actualidade e en clara liña co novo enfoque de ensino e aprendizaxe de linguas do Consello de Europa.
O EuroCom pódese empregar como manual de aprendizaxe en universidades, institutos e escolas de idiomas, baixo a supervisión de profesores que se dedican ao ensino de linguas estranxeiras diversas. É un complemento aos materiais e manuais existentes para a aprendizaxe das linguas que cada estudante poderá utilizar segundo as súas necesidades.
En 1999 o método EuroCom recibiu o Selo Europeo para Proxectos Lingüísticos Innovadores do Ministerio da Ciencia e dos Transportes de Austria, e en 2003 o ‘Premio per Studi Scientifici sul Plurilinguismo’ do Centro Multilingüe da Provincia Autónoma de Bolzano de Italia.

[http://www.anosaterra.org].

 

15. Segundo a noticia, o EuroCom é:
A Un método para aprender idiomas das tres grandes familias lingüísticas europeas. Correcto?

B Un proxecto para investigar as grandes familias lingüísticas europeas. Correcto?

C Un programa para traducir textos de idiomas das familias lingüísticas europeas. Correcto?

16. No corpo da noticia, a palabra paneuropea (subliñado no texto) significa:
A Pertencente ou relativo ao goberno de Europa. Correcto?

B Pertencente ou relativo ao sur de Europa. Correcto?

C Pertencente ou relativo a toda Europa. Correcto?

17. No corpo da noticia, a palabra acrónimo (subliñado no texto) significa:
A Palabra que expresa unha idea oposta ou contraria. Correcto?

B Unidade mínima dotada de significado. Correcto?

C Vocábulo formado pola unión de elementos de dúas ou máis palabras. Correcto?

18. No corpo da noticia, a palabra relevancia (subliñado no texto) significa:
A Alcance. Correcto?

B Importancia. Correcto?

C Calidade. Correcto?

19. Cal é a serie de palabras correctamente acentuada?
A Aparéncia, nausea, artificiáis, fixerón. Correcto?

B Linguistica, radioointe, cambiéi, acentuo. Correcto?

C Simultánea, duascentas, dálle, olimpíada. Correcto?

20. Cal é a serie de palabras correcta?
A Promover, catalana, supervisión, aprobeitando. Correcto?

B Supervisión, catalana, promober, aproveitando. Correcto?

C Catalá, aproveitando, promover, supervisión. Correcto?

 

2005-2024