Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal


Xunta de Galicia
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
2010 opción azul (a opción amarelo é o mesmo coa orde das preguntas cambiadas)


LINGUA GALEGA

1. Formato da proba
Formato
* A proba consta de vinte cuestións tipo test.
* As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
Puntuación
* Puntuación: 0.50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
* Por cada cuestión tipo test incorrecta restarase 0.125 puntos.
* Polas respostas en branco non se descontará puntuación.
Duración
* Este exercicio terá unha duración máxima de: 60 minutos.


Convén tomar do número de respostas acertadas á primeira, das erradas e das que non se responden para poder calcular a puntuación final

Para poder ver as respostas correctas cómpre ter activado JavaScript no navegador


1. Cal destas oracións é impersoal?
A Quedaron totalmente abraiados pola noticia. Correcto?

B Manqueime. Correcto?

C A casa vendeuse a bo prezo. Correcto?

2. En cal destas oracións se pode conxugar o infinitivo?
A O tren vai saír ás doce e cuarto. Correcto?

B Chamáronme xusto despois de saír do teatro. Correcto?

C Este curso teñen que saírme ben os exames. Correcto?

3. Cal destas oracións contén un presente histórico?
A O ano ten doce meses. Correcto?

B Hai un mes que non vou ao cine. Correcto?

C Rosalía escribe a súa poesía no século XIX. Correcto?

4. Cal é a serie de adverbios de modo?
A Adrede, amodo, devagar, gratis. Correcto?

B Acaso, disque, seica, talvez. Correcto?

C Talmente, soamente, mesmamente, xustamente. Correcto?

5. Cal destas oracións compostas contén unha oración subordinada substantiva?
A Ana lembrouse cando a chamei. Correcto?

B Alarmouno que non o chamase. Correcto?

C O rapaz co que falabas é fillo seu. Correcto?

6. Cal destas oracións contén un pronome de solidariedade?
A Foivos tan rápido que gañou a carreira. Correcto?

B Vouche dar o regalo que comprei. Correcto?

C Téñote por unha persoa moi responsable. Correcto?

7. Cal é a serie de palabras parasintéticas?
A Paspallás, zigzag, tictac. Correcto?

B Reciclar, descampado, botafumeiro. Correcto?

C Cartafol, tampouco, ollomol. Correcto?

8. Cal é a serie de palabras correcta?
A Absorber, novelo, billa, benvido, rebentar, movible. Correcto?

B Governo, sebe, gaveta, parabéns, baía, trovador. Correcto?

C Dúbida, volvoreta, boda, coviza, hibernar, bóbeda. Correcto?

9. Cal é a serie de conxuncións causais?
A Conforme, consonte, segundo. Correcto?

B Como, pois, porque. Correcto?

C Mais, pero, senón. Correcto?

10. Cal destas definicións é a correcta?
A Nos ditongos crecentes prodúcese o encontro de dúas vogais de sílabas distintas. Correcto?

B Nos ditongos homoxéneos encóntranse nunha sílaba dúas vogais pechadas. Correcto?

C Nos ditongos decrecentes a abertura vocálica vai de menos a máis. Correcto?

11. Cal é a serie que contén só palabras con vogal “o” tónica aberta:
A Ouro, roda, dormen, dogma, voces, curioso, só. Correcto?

B Moito, roda, comen, dogma, voces, risoño, só. Correcto?

C Corvo, roda, soben, dogma, voces, lóxico, só. Correcto?

12. Cal é o fonema consonántico correctamente definido?
A /m/ alveolar nasal xordo. Correcto?

B /k/ velar oclusivo xordo. Correcto?

C /f/ palatal lateral sonoro. Correcto?

13. O verbo callar significa:
A Solidificarse un líquido. Correcto?

B Penetrar un líquido nun corpo permeable. Correcto?

C Gardar silencio. Correcto?

14. Cal é o tempo verbal correcto?
A Valga, valgas, valga, valgamos, valgades, valgan. Correcto?

B Coubese, coubeses, coubese, coubésemos, coubésedes, coubesen. Correcto?

C Dicirei, dicirás, dicirá, diciremos, diciredes, dicirán. Correcto?

15. Cal destas series é correcta?
A Os clubes, os hindúes, os rubís. Correcto?

B Os faxes, os baúles, os rubíes. Correcto?

C Os fieis, os baúis, os bulebules. Correcto?

16. Cal é o tempo verbal correcto?
A Quepa, quepas, quepa, quepamos, quepades, quepan. Correcto?

B Decía, decías, decía, decíamos, decíades, decían. Correcto?

C Andei, andaches, andou, andamos, andastes, andaron. Correcto?

17. Cal é a serie de palabras correcta?
A Décimo sétimo, triplo, cincocentos, trintaavo. Correcto?

B Décimo octavo, duplo, catro centos, cincuenteavo. Correcto?

C Décimo terzo, doble, vinteún, cuarenta. Correcto?

18. Cal destas series é correcta?
A A freira, a egua, a baronesa. Correcto?

B A xudía, a ferrolana, a feligresa. Correcto?

C A xudea, a cidadana, a heroína. Correcto?

19. Cal é a serie de palabras de xénero feminino? +0,5 anulado
A Ferruxe, diadema, leite, mel. ANULADA
B Epígrafe, síndrome, auga, sebe. ANULADA
C Pantasma, costume, suor, sinal. ANULADA

20. Cal é a serie de palabras de xénero masculino?
A Acedume, fel, sangue, labor. Correcto?

B Negrume, arte, calor, cárcere. Correcto?

C Pesadume, alma, riso, orixe. Correcto?


Nº de respostas correctas (C)
Nº de respostas incorrectas (Z)

Puntuación do test = C x 0.5 - Z x 0.125
Nas preguntas de test, por cada resposta incorrecta descontaranse 0.125 puntos.
As respostas en branco non descontarán puntuación.

2005-2024