Aviso CURSO 2020-2021: Preparación IR

Curso 2019-2020: os exames do coronavirus

O exame constaba de 7 preguntas de 2 puntos cada unha, das que podería responder un MÁXIMO DE 5, combinadas como quixera. Se respondía máis preguntas das permitidas, só se corrixirían as 5 primeiras respondidas.

PREGUNTA 1. Comprensión do texto

PREGUNTA 2. Lingua e gramática

PREGUNTA 3. Produción textual

PREGUNTA. 4 Lingua e gramática

PREGUNTA 5. Produción textual

PREGUNTA 6. Lingua e sociedade. Escolla e desenvolva un dos tres apartados

PREGUNTA 7. Literatura. Escolla e desenvolva un dos catro apartados

-Exame de xullo e setembro 2020 (con 7 preguntas )


Estrutura do exame de ABAU en Lingua Galega e Literatura nos cursos anteriores a 2020

I. Competencia comunicativa: 5 puntos
a) Comprensión textual 2 puntos (2 preguntas de 1 punto)
b) Produción textual 3 puntos (1 pregunta)
II. Contidos específicos da materia: 5 puntos
c) Lingua e gramática 2 puntos (2 preguntas de 1 punto)
d) Lingua e sociedade 1 punto (1 pregunta)
e) Literatura 2 puntos (1 pregunta)


DESENVOLVEMENTO DA PROBA

(Directrices para o exame na ABAU)


a) Comprensión textual
b) Produción textual


c) LINGUA E GRAMÁTICA: 2 puntos. Formularanse dúas breves preguntas sobre contidos de:

1. Fonética e fonoloxía.
Documento de axuda.

Práctica

2. Morfoloxía e sintaxe.
-Documento de axuda para morfoloxía
Exercicios de axuda para morfoloxía
-Documento de axuda para sintaxe
Preguntas de sintaxe nos últimos exames das PAU

3. Semántica e lexicoloxía.
-Documento de axuda para semántica
Práctica 1.
Práctica 2

-Documento de axuda para formación de palabras

Práctica.

4. Dialectoloxía.
Documento de axuda.
Práctica

Vídeo con falas dialectais

En canto ao contido, estas preguntas referiranse aos estándares de aprendizaxe avaliables que figuran recollidos na matriz de especificacións dentro do bloque 3, “Funcionamento da lingua”. En canto ao enfoque, as preguntas gramaticais poderán conter algunha cuestión de gramática comprensiva, como vén acontecendo en exames anteriores. Nelas comprobarase a capacidade do alumnado para explicar as diferenzas no uso dunhas ou outras construcións gramaticais. Como de costume, na resposta a estas preguntas poderá empregarse calquera das terminoloxías lingüísticas existentes, sempre que se faga de maneira coherente.

d) LINGUA E SOCIEDADE. Pregunta 6 (1 punto). Escoller 1 de 2 propostas, que serán as mesmas nas opcións A e B do exame.

1. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.

2. Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.

3. O galego, lingua en vías de normalización.

4. O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

5. O galego de 1936 a 1978: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

6. O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

Agárdase do alumnado unha resposta concisa e asemade completa, acorde coa puntuación que se lle concede á pregunta e co tempo do que se dispón para o exame. Sería desexable unha extensión aproximada dunhas 200 ou 250 palabras. Ao se tratar dunha extensión breve para unha pregunta deste tipo, valorarase a capacidade para seleccionar e presentar a información máis relevante sobre o tema escollido, así como para evitar divagacións e xeneralidades.

e) LITERATURA. Pregunta 7 (2 puntos). Escoller 1 de 2 propostas que serán as mesmas nas opcións A e B do exame:

1. A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.

2.- A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas.

3. A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo).

4.- O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós.

5.- A poesía entre 1936 e 1975: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.

6.- A prosa entre 1936 e 1975: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).

7.- A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas.

8.- O teatro galego entre 1936 e 1975: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.

9.- A literatura do exilio entre 1936 e 1975: poesía, prosa e teatro.

10. A poesía de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes.

11.- A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes.

12. O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes.

Non se considerarán correctas as respostas que consistan nunha mera listaxe de autores e obras. Valorarase o tratamento, no tema escollido, dos seguintes elementos:
• Información sobre o contexto: acontecementos históricos, grupos, influencias, iniciativas, tendencias, etc.
• Información acerca dos principais autores/as dun período ou corrente. Esta non só debe facer referencia ás obras máis importantes senón tamén aos trazos que caracterizan cada un dos autores/as.
• Información acerca do que un grupo, autor/a ou época supuxeron na historia da literatura galega.

Como extensión orientativa podemos establecer unhas 400 palabras, aproximadamente. Cómpre non obstante ter en conta que neste caso a extensión pode ser moi variable dependendo de que o alumnado opte por unha redacción máis desenvolvida ou máis esquemática.

Observacións comúns para as preguntas 6 e 7: As dúas posibilidades que se ofrecen para que o alumnado realice unicamente unha delas serán as mesmas nas Opcións A e B do exame. Deste xeito poderá escollerse unha ou outra sen que inflúan as preferencias nas preguntas de sociolingüística e de literatura. A pesar de estaren formuladas sobre un repertorio pechado preestablecido, valorarase nas respostas a elaboración dun texto persoal, e non dunha reprodución puramente memorística.


Consideracións relativas á corrección lingüística
De igual maneira que se veu facendo nestes anos pasados, valorarase a corrección lingüística do exame. Os erros poderán descontar até un máximo de 2 puntos sobre a cualificación global.

O cálculo levarase a cabo segundo a seguinte clasificación:
• Moi graves: solucións que son alleas ao sistema lingüístico do galego, como tempos compostos, mala colocación dos clíticos, etc. Descontaranse 0,2 puntos por cada un.
• Graves: solucións ortográficas contrarias á norma lingüística (b/v, h, y, etc.) e acentuación diacrítica. Descontarase 0,1 punto por cada un.
• Leves: solucións galegas alleas ao estándar vixente e acentuación non diacrítica. Descontaranse 0,05 puntos por cada un. Estas penalizacións non se aplicarán sobre a pregunta 3 xa que, tal como se indicou, na propia valoración da pregunta está incluída a avaliación da corrección lingüística do texto producido.

Estas penalizacións non se aplicarán sobre a pregunta 3 xa que, tal como se indicou, na propia valoración da pregunta está incluída a avaliación da corrección lingüística do texto producido.


Exames de selectividade: 

****EXAMES ABAU XUÑO E XULLO DE 2019: VER****

****EXAMES ABAU XUÑO E SETEMRO DE 2018: VER****

****EXAMES ABAU XUÑO E SETEMBRO DE 2017: VER****

 

20102011, 20122013, 20142015, 2016

 


 

Aviso CURSO 2016-2017: NOVO TEMARIO LOMCE IR

 

PREPARACIÓN PARA A SELECTIVIDADE ATA 2015-16:


2005-2024