Foto: Modesto Hermida, escritor galego e amigo de ogalego.eu |
LINGUA GALEGA E LITERATURA: 2º BACHARELATO
ABAU, Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade
Ver o exame-proposta da Comisión para 2024
Estrutura do exame de ABAU en Lingua Galega e Literatura no curso 2023-2024
O exame consta de 6 preguntas de 2,5 puntos cada unha, das que poderá responder un MÁXIMO DE 4, combinadas como queira. Se responde máis preguntas das permitidas, só se corrixirán as CATRO primeiras respondidas.
**TEXTO DE INICIO (literario ou xornalístico)
** PREGUNTA 1. Comprensión do texto. (2,5 puntos) (Bloque 2)
Está dividida en tres apartados:
- 1.1.: Resumo / esquema / ideas principais e secundarias / intención comunicativa / tema. (0.5 puntos).
- 1.2.: Definición de palabras ou explicación de expresións tiradas do texto (1 punto).
-Práctica de definicións ABAU.
- 1.3. Recoñecemento de elementos cohesivos. (1 punto).
** PREGUNTA 2. Produción textual. (Bloque 2)
Redacte un texto baseado nalgún aspecto salientable do texto de inicio (Extensión aprox. 250 palabras) (2,5 puntos)
-Axuda para a pregunta 2
** PREGUNTA 3. Reflexión sobre a lingua. (Bloque 4)
Preguntarase sempre en contexto, é dicir, sobre elementos do texto de inicio. Esta pregunta estará baseada en cuestións de sintaxe, morfoloxía, semántica, fonética e fonoloxía presentes no currículo, e distribuirase en distintos apartados cun valor total de 2.5 puntos.
1-
Sintaxe:
-Documento de axuda para sintaxe
-Preguntas de sintaxe nos últimos exames das ABAU
-Exercicios de sintaxe para ABAU
2- Morfoloxía:
-Documento de axuda para morfoloxía
-Preguntas de morfoloxía nos últimos exames das ABAU
-Exercicios de axuda para morfoloxía
-Documento de axuda para formación de palabras
-Práctica para a formación de palabras
3- Semántica:
-Documento de axuda para semántica
-Preguntas de semántica nos últimos exames das ABAU
-Práctica 1 para semántica
-Práctica 2 para semántica
4-
Fonética e fonoloxía:
-Documento de axuda para fonética e fonoloxía
-Preguntas de fonética e fonoloxía nos últimos exames das ABAU
-Práctica de fonética e fonoloxía
** PREGUNTA 4. Lingua e sociedade. (Bloque 1)
O alumnado debe ser quen de aplicar os conceptos teóricos aprendidos neste bloque á análise dun estímulo, que pode ser unha viñeta, un texto breve, un gráfico etc. Presentaranse 2 opcións para escolleren 1. (Extensión aprox. 250 palabras) (2.5 puntos).
Preparación teórica:
1. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
2. O galego, lingua en vías de normalización.
4.- As linguas da Península Ibérica.
5.- Dialectoloxía.
-Práctica de dialectoloxía e preguntas en exames ABAU
Contexto?:
-
Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.
- O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
-
O galego de 1936 a 1978: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
** PREGUNTA 5. Educación literaria. (Bloque 3)
Cada unha destas preguntas parte dun breve texto literario (narrativo, poético ou teatral), sobre o que o alumnado debe analizar algunhas características representativas do seu autor ou autora. Ademais, preguntarase tamén por algunha información teórica con respecto a ese mesmo período (contextualización, outros autores ou autoras da época e algunha das súas obras etc.). Sempre se facilitará a información sobre o autor/a do texto, así como o título e ano de publicación da obra da que estea extraído. (Extensión aprox. 250 palabras) (2.5 puntos cada unha)
Preparación teórica:
1. A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.
2.- A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas.
3. A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo).
4.- O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós.
6.- A prosa entre 1936 e 1975: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).
7.- A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas.
8.- O teatro galego entre 1936 e 1975: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.
9.- A literatura do exilio entre 1936 e 1975: poesía, prosa e teatro.
** PREGUNTA 6. Educación literaria.
O mesmo que a 5 (2,5 puntos)
CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA
Ademais dos contidos de cada pregunta, tamén se terá en conta a corrección lingüística do exame, que se aplicará a todas as preguntas, excepto a 2. Polo tanto, sobre a cualificación global poderase descontar ata un máximo de 2 puntos por erros.
Estes poderán ser:
- Moi graves: Desconto 0’2 puntos cada un. Solucións alleas ao estándar no nivel morfolóxico e sintáctico, por exemplo o uso de tempos compostos ou a incorrecta colocación dos clíticos. Tamén se considerarán faltas moi graves outro tipo de erros sintácticos, como por exemplo os anacolutos.
- Graves: Desconto 0’1 puntos cada un. Solucións alleas ao estándar no nivel léxico, por exemplo o emprego de formas como *silla, *hasta ou *random… Tamén se considerará falta grave a incorrecta acentuación diacrítica.
- Leves: Desconto 0’05 puntos cada un. Solucións ortográficas contrarias ao estándar vixente (b/v, h, *ourense), acentuación non diacrítica, contraccións, etc. Cada dous erros deste tipo descontan, polo tanto, unha décima (0,1).
Unha palabra escrita incorrectamente de forma reiterada só se contabilizará unha vez. Isto non é aplicable á incorrecta colocación dos pronomes, ao emprego de tempos compostos nin á acentuación diacrítica
Exames anteriores a 2023 na ABAU, Lingua Galega e Literatura
2005-2024 |
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional. |