ogalego.eu
Paco Martín, homenaxe de ogalego.eu
Así falan en Trasar
sms en galego
QR
Foto: Paco Martín, escritor galego

ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados

FRASEOLOXÍA galega


1.- Significado da frase.

2.- Ordenar frases

3.- Significado da frase I e II

4.- Proverbios

5.- Adiviñas 1

6.- Adiviñas 2

1. Indicar cal das tres solucións significa o mesmo que a resaltada

1. Por levar esa vida anda á miñoca o Pedro.

SOLUCIÓN

2. Se o vexo, vou ter unhas palabras con el.

SOLUCIÓN

3. Agarda, que vou facer de corpo e xa volvo.

SOLUCIÓN

4. Paréceme que a ese lla van armar con queixo se non se move.

SOLUCIÓN

5. Hoxe o André está que non lle colle un grao de millo no cu.

SOLUCIÓN

6. A D. Afonso, desta vez saíulle a burra capada.

SOLUCIÓN

7. Cando escoitei iso, dixen coa miña lingua pequena: vai haber barullo.

SOLUCIÓN

8. Sabedes o que me contestou? Pois: xa se meteu o demo a predicador.

SOLUCIÓN

9. Parece que o seu avogado está decidido a tirar da manta.

SOLUCIÓN

10. Que fai? Pois, ultimamente, anda aos grilos.

SOLUCIÓN

11. Amigo, penso que con eses métodos vas mallar en ferro frío.

SOLUCIÓN

12. Non hai que lle facer, é un Xan debaixo da cama.

SOLUCIÓN

13. A Andrea pretende meterme os dedos polos ollos.

SOLUCIÓN

14. Se fallas, vaiche caer o pelo.

SOLUCIÓN

15. Sempre anda a lavarlle a cara a D. Rosendo.

SOLUCIÓN

16. O mellor vai ser dar sebo aos pés.

SOLUCIÓN

17. Esquece ese asunto, que sería botarlle aceite ao lume.

SOLUCIÓN

18. Púxose coma un pito ao saír da escola.

SOLUCIÓN

19. A ese vanlle calcar as costelas un día destes.

SOLUCIÓN

20. Veña, que xa me comeza a ladrar o estómago.

SOLUCIÓN

21. Parece mentira, déitase coas galiñas e anda cheo de sono.

SOLUCIÓN

22. Vaia, xa botaches a lingua a pacer!

SOLUCIÓN

23. Se queres conseguir algo del, has de lle untar o carro.

SOLUCIÓN

24. Pronto me decatei de que María lle enchía o ollo a Martiño.

SOLUCIÓN

25. Meu avó estaba sempre coas esporas postas mentres viviu alí.

SOLUCIÓN

26. Ese meu amigo do Salnés tiña dous irmáns bravos que vivían en Santiago (localización do dito)

SOLUCIÓN

 


2. Cada locución da primeira columna corresponde á explicación da segunda. Ordenalas

1. Saír a fume de carozo

2. Non ter unha fala máis alta que outra

3. Escoller como en peras

4. Poñer o carro diante dos bois

5. Asar a manteiga na punta dun guizo

6. Dar coa porta nos fociños

7. Dar couces contra o aguillón

8. Esas son fabas contadas

9. Ser un cu de mal asento

10. Entre o coiro e a carne

11. Botar os fígados

12. Verlle as orellas ao lobo

13. Andar coa mosca tras da orella

14. Dar unha no cravo e outra na ferradura

15. Facerlle a cama a alguén

 

1. Tentar facer algo imposíbel

2. Elixir o que se queira e como se queira

3. Despedir de má maneira

4. Non acougar en ningures

5. Saír o máis rápido que se pode

6. No máis vivo, no que máis doe

7. Ver os perigos, os males de algo

8. Facer algo moi á présa, antes do debido, ou ao revés

9. Preparar todo para que algo lle saia mal

10. Non alterarse por nada, ser comedido

11. Ir mesturando o bo e o mao

12. Estar desconfiado, temendo algo

13. Obstinarse con algo imposíbel

14. Tratarse de algo que escasea moito

15. Traballar ou esforzarse demasiado

 

Solución

3. Indicar o significado das locucións

  1. Pór toda a carne no espeto.

  2. Sangrar como un carneiro.

  3. Ver o ceo aberto.

  4. Levar o corazón na man.

  5. Deixar co mel nos beizos.

  6. Ter bo dente.

  7. Entrar de gorra nun sitio.

  8. Ir cos da feira e volver cos do mercado.

  9. Saír coas orellas gachas.

  10. Marchar co rabo entre as pernas.

  11. Vivir de moca.

  12. Andar coa area no zoco.

  13. Cacarexar e non pór o ovo.

  14. Andar con pés de la.

  15. Estar en estado interesante.

  16. Facerlle as beiras a alguén.

  17. Facerlle a figa a alguén.

  18. Estar como peixe na auga.

  19. Ser agudo como un allo.

  20. A procesión vai por dentro.

Solución

4. Indicar o significado da locución remarcada

  1. Naquel sitio o sol aburaba as pedras.

  2. Iso é como coller auga nun cesto.

  3. Xa podes ir botando a barba a remollo.

  4. Un sol deses que fai abrandar as pedras.

  5. Desde a guerra non ergueu cabeza.

  6. A ese hai que lle acusar as corenta calquera día.

  7. Déixao, que hoxe non está para festas.

  8. Sempre se foi gobernando co que lle daban os tíos e agora dá xenio velo.

  9. Cando viu que o caixeiro estarricou a pata, tragouno a terra.

  10. Mentres ti miras polas ovellas, eu vou mollar a palleta á casa.

  11. Antes estaban como o can e o gato, agora téñense lei unha á outra.

  12. Primeiro déronche gato por lebre e agora déixante na estacada.

  13. Ese libro é todo palla aínda que o profesor o puxo polas nubes.

  14. Dáme o corpo que ese libro é mais vello que andar a pé.

  15. Deixa pasar uns anos e verás como todo se vai en fume, e acaba morrendo como un can.

  16. Como non cambie de actitude, vai levar cachote.

  17. Curar, curaches; mais quedaches feito unha espiña.

  18. Outra vaca no millo! Mellor che sería estares calado.

  19. Iso é un farrapo de gaita, non interesa.

  20. Vai andando se queres, mais haiche a carreiriña dun can.



5.-Completar os seguintes proverbios coa palabra correspondente da columna
dereita

1. Cando non hai can o raposo é ...

2. O comer e o rañar vai no ...

3. Uns comen as noces e outros levan as ...

4. Nas uñas e nos pés haste parecer a quen ...

5. Na terra do bo saber, segundo fagan ...

6. Do cu e do superior, canto máis lonxe ...

7. A muller que asubía e mexa de pé, nunca boa ...

8. Cando o vento canta, sabe ben a ...

9. Na terra do meu home, quen non traballa non ...

10. Unha vez vello, dúas veces ...

11. De banquetes e grandes ceas estás as sepulturas ...

12. Dálle Deus pan a quen non ten ...

13. Coida o ladrón que todos son da súa ...

14. De boas intencións está o inferno ...

15. O home onde nace, o boi onde ...

16. Vale máis paxaro na man que cento ...

17. Un gran non enche celeiro, pero axuda ao ...

18. O mao estudiante, farto de sono e morto de ...

19. A cabalo dado non se lle mira o ...

20. Can ladrador, pouco ...

21. Nunca digas: desta auga non ...

22. Quen ten lingua vai a ...

23. Ladrón que rouba a ladrón ten cen anos de ...

24. Quen espera ...

1. compañeiro

2. mordedor

3. Roma

4. neno

5. dentes

6. cheas

7. empezar

8. é

9. es

10. capitán

11.mellor

12. come

13. beberei

14. voces

15. cheo

16. fame

17. a voar

18. perdón

19. pace

20. facer

21 desespera

22. rabo

23. condición

24. manta



6.- Adiviñas 1(Recollidas de ¿Que cousa é cousa?..., Paco Martín, Ed. Galaxia).

Que é unha cousiña cousa que está se hai sol e, se non hai sol non está?

Verde por fóra e rubia por dentro, e moitas grosas no doce centro

Unha vella cun só dente, chama a toda a súa xente.

Teño catro pés e non son animal; bríllanme os ollos na noite e sen beber non podo andar

Que cousiña será para adiviñar, que ten orellas coma o gato, pés coma o cato, rabo coma o gato, ollos coma o gato e gato non é?

Ten lombo e non anda, follas ten e non é planta, sabe moito e nada fala

Ten barbas e home non é, ten dentes e non pode comer

Son moi fermoso por diante e moi feo por detrás; cambio a cada instante e arremedo aos demais

Que cousiña é que se pon na mesa, córtase, repártese e non se come?

Unha saba branca, sen algodón, que cobre o mundo e o río non

Que cousiña é que nunca se pode tocar coa man esquerda?

Por un carreiriño moi mal empedrado, ando e non me mollo e sempre vou mollado

Que cousiña será que por moito que lle dea o sol nunca enxoita a verás.

Que será unha cousiña cousa que pasa polo río e non se molla e pasa polo lume e non se queima?

Longo como un camiño, torto coma un fouciño e corre coma un canciño

Do tamaño dunha cazola e ten ás e non voa

De que hai que encher un pucheiro para que pese menos que baleiro?

Cen e cen fillos ten e todos a leite os mantén

Que cousiña é que canto máis lle poñen máis pequena é e canto máis lle sacan, máis grande é

Anda e non ten pés, come e non ten boca, canta comida lle dan toda lle parece pouca

A miña amiga e mais eu andamos a un compás, coas pernas para adiante e os pés para atrás.


7.- Adiviñas 2 (recollidas de Escolma de Carballedo, Nicanor Rielo Carballo, Ed. Castrelos).

1-Alto me vexo
no laperexo,
ben vexo vir e non podo fuxir.

SOLUCIÓN

2-Bótesme tarde,
bótesme cedo,
ata o maio,
non me ves o pelo.

SOLUCIÓN

3-Catro corremontes,
catro cichafontes,
un dálle dálle,
e dous tuturulús

SOLUCIÓN

4-Cen redondiños
e un redondón,
un saca saca
e un quita pon

SOLUCIÓN

5-Dúas nais e dúas fillas,
cubertas con tres mantillas
e ningunha vai sen ela
aínda que son tres prendas

SOLUCIÓN

6-Dúas peludas,
un pelado
e un cálcalle no rabo

SOLUCIÓN

7-Embaixo da terra,
nun burato metida,
ten barbas e non cara,
dentes e sen boca,
cabeza e sen pés
e ti que tanto sabes,
adiviña o que é

SOLUCIÓN

8-Entre dous puños brancos
hai unha flor amarela,
que se pode presentar
diante do rei e da reina

SOLUCIÓN

9-Foliquiño andaba buscando,
o rabo largo estaba mirando
e se non fora polo buratiño,
o que sería do pobre Foliquiño

SOLUCIÓN

10-Miña nai é tartamuda,
meu pai é cantador,
teño un vestido branco
e marelo o corazón

SOLUCIÓN

11-Que cousa é,
que cousa non é,
cando vai para o monte
vai enguruñada,
e cando vén para a casa
vén estarricada

SOLUCIÓN

12-Teño uns tríngulis míngulis
colgados da barriga,
teño libras, teño cuartas
e en min todos se fían

SOLUCIÓN

13-Unha vez, a ver se adiviñas,
debaixo do pinguín que pingaba
estaba o roncón que roncaba
e veu o fungón que fungaba,
e o demo do fungón que fungaba
botou de alí ao roncón que roncaba

SOLUCIÓN

2005-2024
Licenza Creative Commons
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.